jueves, 22 de diciembre de 2022

IGREXA DE SANTIAGO DE ESPOSENDE - ESPOSENDE - CENLLE

IGREXA DE SANTIAGO DE ESPOSENDE

ESPOSENDE

CENLLE

Esposende
      Santa Mariña de Esposende é unha parroquia do concello de Cenlle na beira esquerda do río Avia. É anexo de San Lourenzo da Pena.

     Segundo o IGE en 2010 tiña 78 habitantes (42 mulleres e 36 homes), 41 menos ca en 1999.

      É limítrofe coa parroquia homónima de Esposende, do concello de Ribadavia.

Patrimonio
       Nela sitúase a pequena igrexa románica de Santa Mariña de Esposende e o Castro de Areas. 

     Ao norte un monte chamado Castro, no que se ven vestixios dun posible castelo.

       Hai unha capela da Virxe, cuxa festa se celebra o luns de Pascua.

Lugares de Esposende
       O Campo, Casar do Mato, Esposende, O Olivar, Santa Mariña, A Torre

Comarca do Ribeiro
       A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

       A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

      Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.

      Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

miércoles, 21 de diciembre de 2022

BO NADAL E FELICES FESTAS

 BO NADAL

FELICES FESTAS

      Grazas por acompañarnos este ano, vos sodes o motivo que me impulsan a traballar cada día máis e si pode ser mellor

     Pero queria ter un detalle neste día tan especial con vos as seguidoras/es nas redes sociais e no blog ao longo deste tempo.
GRACIAS, MOITAS GRACIAS.. 

XOAN ARCO DA VELLA

SANTUARIO DA NOSA SEÑORA DE NAZARÉ - NAZARÉ

SANTUARIO DA NOSA SEÑORA

NAZARÉ

 Santuario de Nosa Señora de Nazaré
     O Santuario de Nosa Señora da Nazaré (en portugués: Santuário de Nossa Senhora da Nazaré) atópase na vila de Nazaré.

      No seu interior, gárdase a sagrada imaxe de Nosa Señora da Nazaré, unha Virxe negra, esculpida en madeira, traída de Mérida no ano de 711.

      No sitio existen aínda os tres santuarios onde se venerou, e venera, a imaxe dende que alí chegou no ano de 711, levada por frei Romano, monxe do convento de Cauliniana.

       Após a derrota do exército cristián na batalla de Guadalete, o monxe fuxiu dos invasores musulmáns, na compaña de Don Rodrigo, o derradeiro rei visigodo, fuxitivo após a derrota do seu exército.

       A escolla do destino, no litoral Atlántico, xustifícase pola existencia nas proximidades dun mosteiro visigótico, do cal subsiste a igrexa de São Gião, clasificada como Monumento Nacional en 1986. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 19 de diciembre de 2022

O VEREDO - CODESEDO - SARREAUS

 O VEREDO

CODESEDO

SARREAUS

 O Veredo
     O Veredo é un lugar da parroquia de Codosedo, no concello ourensán de Sarreaus, na comarca da Limia. 

     Segundo o Instituto Galego de Estatística, no 2010 tiña 13 habitantes (9 homes e 4 mulleres), o que supón que variou o número de habitantes con respecto ao ano 2009 cando tiña 10 habitantes.

Codosedo
     Santa María de Codosedo é unha parroquia do concello de Sarreaus na comarca da Limia, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 163 habitantes, deles 75 eran homes e 88 eran mulleres, o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Lugares de Codosedo
     Ameá, Codosedo, Pazos, O Veredo

Sarreaus
     Sarreaus é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o Padrón municipal de habitantes en 2015 tiña 1.283 habitantes (1.845 en 2003). O seu xentilicio «sarreaus».

Xeografía
      O concello, de 77,2 km², abrangue nove parroquias. Limita ao norte con Vilar de Barrio, ao sur con Trasmiras e Xinzo de Limia, ao leste con Cualedro e Laza, e ao oeste con Xunqueira de Ambía.

     Cara ao norte ten unha zona montañosa, na serra de San Mamede. Cara ao sur está a depresión limiá, con terras máis chás e fértiles vales determinados polo río Limia, que nace no monte de Talariño, na parroquia de Paradiña, sucando o concello de nordeste a suroeste. Outros cursos fluviais menores son o rego de Valdelobos, Padroso, Sas, Freixo, Lodoselo ou o da Veiga.

Historia
     Se ben na actualidade non hai ningún catalogado, consérvanse topónimos que delatan a existencia de varios megálitos do neolítico, como Os Piñeiros da Anta e A Medorra en Lodoselo, ou o Alto da Madorra en Cortegada. 

     A Pedra Alta (Cortegada) é un menhir usado como marco delimitador entre os concellos de Sarreaus, Vilar de Barrio e Xunqueira de Ambía. 

    O Acobillo de Roufeiro (Nocelo da Pena) é da primeira idade dos metais (1800/1500 a. C.), e é usado como referencia para denominar o límite do Bronce Inicial en Galiza.

     Durante a cultura castrexa a zona foi poboada polos Limici nos castros da Cibdá, A Gándara, Tarrazo, A Rocha ou Os Castros de Codosedo. 

     Trala romanización de Galicia quedaron restos de asentamentos e epígrafes en rochas, como o Forum ou Civitas Limicorum da Cibdá, ou homenaxes a Traxano e Adriano e a Xúpiter e Bandua.

     Durante a idade media a zona pertenceu á Terra da Limia. Desa época queda a igrexa románica de Codosedo.

     Na idade moderna o territorio pertenceu ás xurisdicións de Xinzo (parroquias de Perrelos, Santiago de Freixo e Lodoselo, pertencentes ao Conde de Monterrei), Pena da Torre de Portela da Limia (lugares de Folgoso, O Penedo, Meilás, Cortegada, Bresmaus, A Portela da Quinta, Sarreaus, Padroso, Tarrazo e Sas, pertencentes ao Conde de Lemos), e o couto de Santa María A Real de Codosedo, Pazos, Paradiña e Veredo, pertencente á orde de Santiago. Nocelo da Pena pertencía á xurisdición do convento de Santa Clara de Allariz.

     A comezos do século XIX creouse o concello de Cortegada, e en 1822 creáronse os de Codosedo e Lodoselo. Trala División territorial de España en 1833, en 1835 naceu o concello de Sarreaus.

Toponimia
     O nome de Sarreaus procede do latino Sarrianus, "os que veñen de Sarria", debido a que no seu momento se repoboaría con habitantes desta vila luguesa.

Parroquias de Sarreaus    
     Bresmaus (San Bartolomeu), Codosedo (Santa María), Cortegada (San Xoán), Freixo (Santiago), Lodoselo (Santa María), Nocelo da Pena (San Lourenzo), Paradiña (Santa María Madanela), Perrelos (Santa María), Sarreaus (San Salvador)

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CAPELA E CALVARIO DE SAN ROQUE - SANTA MARÍA DE BEADE - BEADE

 CAPELA E CALVARIO DE SAN ROQUE

SANTA MARÍA DE BEADE

BEADE

Santa María de Beade
     Santa María de Beade é unha parroquia do concello de Beade, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2010 tiña 448 habitantes (230 homes e 218 mulleres), 87 menos ca no ano 2000.

     Ten unha única entidade de poboación, capital do concello ao que dá nome.

Beade
     Beade é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro, un dos máis pequenos en extensión e menos poboados de Galicia.

     Segundo o IGE en 2016 tiña 427 habitantes. O seu xentilicio é beadés.

Historia
      Na Idade Media a freguesía de Beade (que abranguía as parroquias de Abelenda (Avión), Beiro, Faramontaos, Muimenta (Carballeda de Avia), Orega, Berán (Leiro) e As Regadas), pertencía á Orde de San Xoán de Xerusalén, que exercía señorío a través dunha encomenda.

     A Encomenda de Beade, que chegou a pertencer ao priorado de Castela, era no século XVIII a máis importante de Galiza xunto coa de Quiroga. 

     A súa influencia aumentou nese mesmo século ao absorber a Encomenda de Pazos de Arenteiro, que pertencera á Orde do Temple, incorporando ás súas posesións o propio Pazos de Arenteiro, Albarellos Astureses (Boborás), Cusanca, Dadín, Parada de Labiote e Reádigos (O Irixo).

     En 1809, durante a Guerra da Independencia Española a zona foi saqueada polos franceses. En 1823 sufriu outro saqueo, a mans dos realistas contrarios ós liberais desta zona. En xullo de 1836 a parroquia de Beade foi atacada por tropas carlistas baixo as ordes de Guillade e Pobadura, pero a agresión foi repelida coa axuda dos veciños das Regadas e Cenlle.

     A mañá do 7 de outubro de 2013, a casa consistorial do Concello de Beade foi obxecto dun atentado que causou graves danos materiais, pero que non causou danos persoais.

Parroquias de Beade    
     Beade (Santa María), As Regadas (San Amaro) 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA