viernes, 15 de julio de 2022

IGREXA DE SAN SALVADOR DO MAO - SAN SALVADOR - O INCIO

 IGREXA DE SAN SALVADOR DO MAO

SAN SALVADOR

O INCIO

     Igrexa de orixe románica moi desfigurada. Consta dunha nave cuberta de lousa a dúas augas. Fronte con portada en arco sen impostas. Espadana de dous vans. Ábsida máis baixa e reducida ca nave, de dous corpos, o primeiro recto e bóveda de canón, e semicircular o outro, protexido por catro piastras exteriores.

     Adro pechado e cuberto en lousa que circunda a igrexa a modo de claustro e que acolle o cemiterio. No interior, retábulo maior renacentista do século XVII, e retábulos laterais neogóticos con esceas en relevo.

     A igrexa figura na concordia que no ano 1195 puxo fin ao longo preito entre os abades de Samos e o Cabido de Lugo sobre a posesión do templo e dos seus bens. Segundo a tradición, no lugar, que recibía o nome de Flanello ou Planeto (non deixou pegada na toponimia), había un primitivo mosteiro, posiblemente dúplice, anexionado a Samos por Vermudo II na última década da décima centuria coñecido como San Salvador de Lemos.

     Pero o que máis chama a atención do conxunto son as cinco caveiras empotradas no muro que pecha o cemiterio e a igrexa. Non teñen maxila inferior e están situadas detrás da ábsida, dando a impresión de que, dende o exterior, están a asistir aos actos relixiosos que se celebran no interior.

     Expostas na parte máis escura do lugar, aumentan a súa lúgubre apariencia. A disposición dos cranios non semella casual, todo apunta a que foron ordenados para indicar ou sinalar algo relacionado co morto ou coa morte, ou ambas á vez.

     A morte non se trataba á lixeira e a Igrexa non dubidou en utilizala para meter medo: a simboloxía era máis eficaz ca o sermón. A partires do século XV, os ósos que afloraban da terra expoñíanse en galerías cubertas e sobre o propio pórtico da igrexa.

     A única persoa que había na aldea díxonos que sempre se crera que pertencían a uns monxes do desaparecido cenobio. Non moi lonxe da igrexa pódese ver unha antiga tumba feita con laxes; dise que no baixo da reitoral apreceran outros enterramentos do mesmo tipo.

      Na provincia de Lugo hai outras igrexas con cranios empotrados na parede: Os Vaos (Ribeira de Piquín), Órrea (Riotorto) e Conforto (A Pontenova).

San Salvador do Mao
     San Salvador do Mao é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo.

     No ano 2007 tiña 116 habitantes, deles 58 eran homes e 58 eran mulleres, o que supón un incremento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Lugares de San Salvador do Mao
      Arruxo, A Castiñeira, Cereixido, As Cortiñas, Os Currais, Pacios, Pedrouzos, Piornedo, Queixade, San Salvador, Teixeira, Valbón, As Veigas, Vilamor 

VIDEO

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

 

FERVENZA DO POMBAL OU DA OLA - RÍO QUIROGA - BESARREDONDA - QUIROGA

 FERVENZA DO POMBAL OU DA OLA

RÍO QUIROGA

BESARREDONDA

QUIROGA

Fervenza do Pombar ou da Ola
      Poderíase dicir que é a irmá da Fervenza da Pedriña, unha xoia da natureza enxaulada no transcurso do río Quiroga.

      É unha das fervenzas máis bonitas de toda Galicia, conta cunha caída de máis de 9 metros e unha poza de moita profundidade.

      En verán, é unha zona apta para darse un baño e relaxarse coas súas augas neste espazo tan acolledor e fantástico que a Serra do Courel nos ofrece.

    Para chegar a esta fervenza é preciso camiñar.

     Desde o pobo de Besarredonda, continuaremos aproximadamente quilómetro e medio en coche e desde ese punto seguiremos a pé por un sendeiro de 1 quilómetro de lonxitude ata chegar á fervenza.

PRECAUCIÓN no inverno e en épocas de choiva.


¿Cómo chegar?
     De costas á Casa do Concello de Quiroga, tomar a Rúa Real a man dereita e continuar por LU-623 5,2 quilómetros ata o desvío a man dereita que indica "Aldea de A Seara" LU-P-5001. 

     Continuar por LU-P-5001 11 quilómetros (1,4 quilómetros aprox desde Besarredonda). O traxecto total levaranos aproximadamente 25 minutos en coche.

     O sendeiro á fervenza está indicado. Será preciso camiñar aproximadamente 1 quilómetro en descenso.

VIDEO

MAPA

 

Fuente: Web de Turismo Ribeira Sacra

XOAN ARCO DA VELLA

 

LOUXADELAS - SOUTORDEI - RIBAS DE SIL

 LOUXADELAS

SOUTORDEI

RIBAS DE SIL

Louxadelas
     Louxadelas é un lugar da parroquia de Soutordei, no concello lucense de Ribas de Sil.

     En 2008 estaba habitado por unha muller, ao igual ca en 2007.

Soutordei
      Santiago de Soutordei é unha parroquia do concello lugués de Ribas de Sil na comarca de Quiroga.


      No ano 2007 tiña 23 habitantes (9 homes e 14 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares de Soutordei
     A Aldea, Chenzas, A Fraga, Louxadelas, Moredo, O Outeiro, As Portas, Souto

Ribas de Sil
     Ribas de Sil é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga. 

     Segundo o INE a súa poboación no 2018 era de 970 habitantes. O seu xentilicio  é «ribasilense».

Xeografía
     O concello de Ribas de Sil forma unha estreita lingua de terra entre o río Sil (que o separa de Quiroga) e a serra da Moá, que separa as provincias de Lugo e Ourense.

      A súa capital, San Clodio, sitúase á beira do río Sil, fronte a Quiroga.

     Limita cos concellos lugueses de Monforte de Lemos ao oeste, A Pobra do Brollón ao noroeste, e Quiroga ao norte e leste, e cos concellos ourensáns de Castro Caldelas, San Xoán de Río e A Pobra de Trives ao sur.

     Hai restos de presenza humana no Paleolítico e Mesolítico. Daquela aproveitábanse os coios de seixo e cuarcitas formados polos aluvións do río. Tamén se fabricaban machadas de pedra pulimentada. Aínda que sen catalogar, hai referenciadas varias mámoas do Neolítico. Consérvase algún menhir e un crómlech. Da Idade de Bronce consérvanse varias machadas .

      Preto das explotacións mineiras de ouro utilizadas polos romanos, consérvanse varios castros da Idade de Ferro, como o castro de Abaixo, o de Remeite, ou Os Castros.

Comarca de Quiroga
     A comarca de Quiroga é unha comarca galega situada no sueste da provincia de Lugo, na fronteira coa comunidade de Castela e León.

     A súa capital é Quiroga e pertencen a ela os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.

Parroquias de Ribas de Sil     
     Nogueira (Nosa Señora das Neves), Peites (San Martiño), Piñeira (San Cristovo), Rairos (Santa Lucía), Ribas de Sil (San Clodio), Soutordei (Santiago), Torbeo (Santa María)

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SANTIAGO DE SOUTORDEI - SOUTORDEI - RIBAS DE SIL

 IGREXA DE SANTIAGO DE SOUTORDEI

SOUTORDEI

RIBAS DE SIL

 Soutordei
      Santiago de Soutordei é unha parroquia do concello lugués de Ribas de Sil na comarca de Quiroga.

      No ano 2007 tiña 23 habitantes (9 homes e 14 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares de Soutordei
     A Aldea, Chenzas, A Fraga, Louxadelas, Moredo, O Outeiro, As Portas, Souto

Ribas de Sil
     Ribas de Sil é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga. Segundo o INE a súa poboación no 2018 era de 970 habitantes. O seu xentilicio  é «ribasilense».

Xeografía
     O concello de Ribas de Sil forma unha estreita lingua de terra entre o río Sil (que o separa de Quiroga) e a serra da Moá, que separa as provincias de Lugo e Ourense. A súa capital, San Clodio, sitúase á beira do río Sil, fronte a Quiroga.

     Limita cos concellos lugueses de Monforte de Lemos ao oeste, A Pobra do Brollón ao noroeste, e Quiroga ao norte e leste, e cos concellos ourensáns de Castro Caldelas, San Xoán de Río e A Pobra de Trives ao sur.

     Hai restos de presenza humana no Paleolítico e Mesolítico. Daquela aproveitábanse os coios de seixo e cuarcitas formados polos aluvións do río. Tamén se fabricaban machadas de pedra pulimentada. Aínda que sen catalogar, hai referenciadas varias mámoas do Neolítico. Consérvase algún menhir e un crómlech. Da Idade de Bronce consérvanse varias machadas .

      Preto das explotacións mineiras de ouro utilizadas polos romanos, consérvanse varios castros da Idade de Ferro, como o castro de Abaixo, o de Remeite, ou Os Castros.

Comarca de Quiroga
     A comarca de Quiroga é unha comarca galega situada no sueste da provincia de Lugo, na fronteira coa comunidade de Castela e León. 

     A súa capital é Quiroga e pertencen a ela os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.

Parroquias de Ribas de Sil     
     Nogueira (Nosa Señora das Neves), Peites (San Martiño), Piñeira (San Cristovo), Rairos (Santa Lucía), Ribas de Sil (San Clodio), Soutordei (Santiago), Torbeo (Santa María)

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CASTELO DE LOS MENDOZA - MANZANARES EL REAL

 CASTELO DE LOS MENDOZA

MANZANARES EL REAL


Castelo de Manzanares el Real
       A historia e a imaxe de Manzanares el Real sempre estarán ligadas aos Mendoza e ao seu inconfundible castelo, unha das "xoias" non só da arquitectura militar madrileña senón de toda a arquitectura medieval do Reino de Castela.

Un pouco de historia
       É o máis emblemático e mellor conservado da rexión madrileña. 

     A construción iniciouna o I Duque do Infantado, Diego Furtado de Mendoza no século XV e finalizouna o seu fillo, Íñigo López de Mendoza que incorporou ao arquitecto Juan Guas, un dos máximos representantes do gótico tardío en Castela e arquitecto dos Reis Católicos.

     Este edificio é a plasmación arquitectónica dunha sociedade dacabalo entre dúas épocas, a caballeresca medieval cos seus elementos defensivos como o antemuro ou a entrada abacelada, e a renacentista humanista cos seus grandes salóns, fachadas decoradas e magníficos miradoiros, máis propio dun palacio.

    A recente rehabilitación da contorna paisaxística do castelo creou un espazo que recolle diferentes aspectos da vida desenvolvida a finais do século XV. 

     Todas as plantas e materiais utilizados neste espazo seleccionáronse a partir da documentación histórica existente.

     Hai un horto de plantas medicinais e industriais, cultivos e hortas con cereais, vides, hortalizas e froitos. 

     Os espazos axardinados foron tamén lugares de xogo e escenarios de torneos.

     O xardín do castelo conta cun labirinto e un palenque, o espazo no que se desenvolven na actualidade algunhas actividades que recrean as xustas e xogos de outrora.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA