domingo, 10 de abril de 2022

ANTIGA CARCERE DE DISTRIZ - ALBARELLOS - BOBORÁS

ANTIGA CARCERE DE DISTRIZ

ALBARELLOS

BOBORÁS

Antiga carcere de Distriz

     Ubicada en Distriz. Edificación feita completamente en pedra, con grandes perpiaños e zonas de cachotería. Cubertas de tella a duas e tres augas. Ten varias estancias e pasos exteriores que as comunican, escaleiras en pedra e unha columna robusta na entrada rematada cun pináculo.

Distriz
     Distriz é un lugar da parroquia de Albarellos no concello ourensán de Boborás na comarca do Carballiño. Tiña 16 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 6 eran homes e 10 mulleres. Iso supón un mantemento da poboación respecto a 2010, cando tiña 16 habitantes (6 homes e 10 mulleres).

Albarellos
     San Miguel de Albarellos é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

     En 2017 tiña 224 habitantes, 129 menos ca en 2007 (172 homes e 181 mulleres) e 146 menos que en 2006.

Lugares de Albarellos
     Abelleira, A Costa, Distriz, Eiravedra, O Igrexario, Lamela, O Paraíso, Paredes, O Regueiro, Sa, Salón, Santo André, A Seara, Sobredo, Valdesenda

Boborás
     Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño.

     Segundo o padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003).

      Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial. O seu xentilicio é boborao ou boborés.

Xeografía
     O concello está situado no noroeste da provincia de Ourense. Ten dúas zonas diferenciadas: no sur abondan as fragas e as vides, e no centro e norte, máis accidentados, predominan os prados.

     Está atravesado polo río Arenteiro polo norte, e polo Cartelle e o Avia polo sur.

     O clima é cálido nos meses de verán e frío e chuvioso nos meses de inverno.

 Historia
     Durante a Idade Media asentáronse na zona diversas ordes relixiosas e militares, coma a Orde do Santo Sepulcro, do Temple ou a Orde de San Xoán de Xerusalén, coñecida tamén como Orde de Malta ou de Rodas. Todas elas deixaron a súa pegada en diferentes construcións civís e relixiosas.

Patrimonio histórico e artístico
     A igrexa de San Xulián de Astureses é un templo románico, edificada polos Templarios no século XII. Ten planta rectangular, cunha ábsida semicircular. A fachada presenta unha ornamentación excelente.
     A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril.

     A igrexa de Xuvencos, restaurada no século XVI, e a igrexa de San Mamede de Moldes, construída sobre un castro transformado posteriormente nun camposanto, tamén son de orixe románica.
     O pazo de Moldes, situado preto da igrexa de San Mamede, é a casa natal de Antón Losada Diéguez.
     O conxunto histórico-artístico de pazos de Arenteiro agrupa a casa de Arriba, Asa e Granxa do Mato, pazo de Cervela, pazo do Currelo, pazo Feixó, pazo de Laxas e pazo de Tizón.

Parroquias de Boborás     
     Albarellos (San Miguel), Astureses (San Xulián), Brués (San Fiz), Cameixa (San Martiño), Cardelle (San Silvestre), Feás (Santo Antón), Laxas (San Xoán), Moldes (San Mamede), Moreiras (Santa Mariña), Pazos de Arenteiro (San Salvador), O Regueiro (San Pedro), Xendive (San Mamede), Xurenzás (San Pedro), Xuvencos (Santa María) 

VIDEO

MAPA 

 

Fuente: Concello de boborás

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 8 de abril de 2022

PONTE TOURÍN - RÍO ANCORA - AMONDE - VIANA DO CASTELO

 PONTE TOURÍM

RÍO ANCORA

AMONDE

VIANA DO CASTELO

 Ponte Tourím

     Ponte de táboa de cabalete cunha anchura máxima de  de 4 m. e 21 m longo, a base e dun só arco de medio punto feito en cantería.


     Posúe peiraos cegos, cuio punto de partida está protexido por un muro de sillares de granito, augas arriba e augas abaixo en ambas as marxes, que descansan no respectivo peirao.

     A cuberta, ten parapeto saínte, ten o chan enlousado, con gardas de pedra.

     O traballo dos paramentos pon de manifesto as sucesivas disposicións, en particular nos extremos da caixa de cuberta, onde existe un traballo irregular que incorpora bloques de xisto con sillares de granito ben equipados, mentres que a contorna do arco conserva de forma regular, o traballo de sillares graníticos, con algunhas filas pseudo-isodómicas.


     No vértice da cuberta dispón, encaixada entre as varandas, no lado augas arriba, unha cruz, de zócalo rectangular e lixeiramente sobresaínte en altura.

Rio Ancora
     O Ancora é un rio português que nace no pico da Serra de Arga, pasa Orbacém, Freixeiro de Soutelo e Riba de Âncora e desagua no Oceano Atlantico en Vila Praia de Âncora, fregresia do concello de Caminha.

     No século XIX este rio era coñecido por rio Amora

Amonde
     Amonde es unha freguesia portuguesa del concello de Viana do Castelo, con 6,04 km² de superficie e 344 habitantes (2001).

     A sua densidade de población es de 57,0 hab/km².


VIDEO

MAPA

 

Fuente: Blog Vila Praia Ancora

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 4 de abril de 2022

MUIÑO EN SAN BARTOLOMEU DA FREIXA - RÍO VIÑAO - CAMEIXA - BOBORÁS

MUIÑO EN SAN BARTOLOMEU DA FREIXA

RÍO VIÑAO

CAMEIXA

BOBORÁS

 San Bartolomeu
     San Bartolomeu é un lugar da parroquia de Cameixa no concello ourensán de Boborás na comarca do Carballiño.

      Tiña 14 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 8 eran homes e 6 mulleres.

     Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 16 habitantes (10 homes e 6 mulleres).

Cameixa
      San Martiño de Cameixa é unha parroquia que se localiza no concello de Boborás.

       Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 316 habitantes (159 homes e 157 mulleres), distribuídos en

Patrimonio
      A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril.

Lugares de Cameixa
     Cameixa, Córneas, O Currelo, O Domo, Figueiroa, Gontelle, A Granxa, Leboreira, Morouzón, O Outeiro, Parada, A Petada, Salceda, San Bartolomeu, San Cristovo, Vilanova

Comarca do Carballiño
       A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. 

      Toma o nome da súa vila principal. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Poboación
      No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 3 de abril de 2022

EIRA DO REGUEIRO DE ABAIXO - O REGUEIRO - BOBORÁS

 EIRA DO REGUEIRO DE ABAIXO

O REGUEIRO

BOBORÁS

 O Regueiro de Abaixo
     O Regueiro de Abaixo é un lugar da parroquia do Regueiro no concello ourensán de Boborás na comarca do Carballiño.

     Segundo o INE e o IGE no ano 2011 tiña 145 habitantes (69 homes e 76 mulleres), o mesmo número ca en 2010 (nese ano, 68 homes e 77 mulleres).


O Regueiro
     San Pedro do Regueiro é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

      No ano 2007 tiña 181 habitantes (87 homes e 94 mulleres), un menos ca en 2006. É limítrofe coa parroquia do Regueiro do concello do Irixo.

Lugares do Regueiro
     As Antas, O Regueiro de Abaixo, O Regueiro de Arriba, Sonelle

Boborás
     Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003).

      Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial. O seu xentilicio é boborao ou boborés.

Xeografía
     O concello está situado no noroeste da provincia de Ourense. Ten dúas zonas diferenciadas: no sur abondan as fragas e as vides, e no centro e norte, máis accidentados, predominan os prados.

     Está atravesado polo río Arenteiro polo norte, e polo Cartelle e o Avia polo sur.

     O clima é cálido nos meses de verán e frío e chuvioso nos meses de inverno.

 Historia
     Durante a Idade Media asentáronse na zona diversas ordes relixiosas e militares, coma a Orde do Santo Sepulcro, do Temple ou a Orde de San Xoán de Xerusalén, coñecida tamén como Orde de Malta ou de Rodas. Todas elas deixaron a súa pegada en diferentes construcións civís e relixiosas.

Patrimonio histórico e artístico
     A igrexa de San Xulián de Astureses é un templo románico, edificada polos Templarios no século XII. Ten planta rectangular, cunha ábsida semicircular. A fachada presenta unha ornamentación excelente.
     A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril.


     A igrexa de Xuvencos, restaurada no século XVI, e a igrexa de San Mamede de Moldes, construída sobre un castro transformado posteriormente nun camposanto, tamén son de orixe románica.
     O pazo de Moldes, situado preto da igrexa de San Mamede, é a casa natal de Antón Losada Diéguez.
     O conxunto histórico-artístico de pazos de Arenteiro agrupa a casa de Arriba, Asa e Granxa do Mato, pazo de Cervela, pazo do Currelo, pazo Feixó, pazo de Laxas e pazo de Tizón.

Parroquias de Boborás     
     Albarellos (San Miguel), Astureses (San Xulián), Brués (San Fiz), Cameixa (San Martiño), Cardelle (San Silvestre), Feás (Santo Antón), Laxas (San Xoán), Moldes (San Mamede), Moreiras (Santa Mariña), Pazos de Arenteiro (San Salvador), O Regueiro (San Pedro), Xendive (San Mamede), Xurenzás (San Pedro), Xuvencos (Santa María)

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CRUZ DOS PEREGRIÑOS OU DOS MORTOS - ALTO DA PORTELA - LABRUJA - PONTE DE LIMA

CRUZ DOS PEREGRINOS

ALTO DA PORTELA

LABRUJA

PONTE DE LIMA

Labruja

     Labruja e unha fregresia portuguesa do concello de Ponte de Lima, con 16,73 km² de superficie e 482 habitantes (2001). A sua densidade de poboación e de 28,8 hab/km².

Ponte de Lima
     Ponte de Lima é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, na rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2.800 habitantes. Está caracterizada pola súa arquitectura rústica e pola área envolvente, bañada polo río Limia.

     É sede dun municipio con 321,20 km² de extensión e 44.343 habitantes (2001), subdividido en 51 freguesías. O municipio limita ao norte co concello de Paredes de Coura, ao leste con Arcos de Valdevez e Ponte da Barca, ao sueste con Vila Verde, ao sur con Barcelos, ao oeste con Viana do Castelo e Caminha e ao noroeste con Vila Nova de Cerveira.

     Localidade moi importante desde a era romana, posúe un Pazo da Corte do Reino de León, documentado por achados arqueolóxicos e outros documentos escritos. Recibiu Carta foral de Dona Teresa en 4 de marzo de 1125, sendo a vila máis antiga de Portugal. É de aquí orixinario o coñecido queixo Limiano. Destaca polos seus xardíns.

Toponimia
     O nome vén claramente da ponte que cruza o río Limia, chamado en Portugal Lima. A finais da década de 1950, a vila debateu a designación a adoptar para o municipio: Ponte do Lima ou Ponte de Lima. Até 1982, os escritos da Cámara Municipal aínda referían Ponte do Lima e só despois pasou a Ponte de Lima.

Historia
     A vila posúe raíces profundas e lendas ancestrais dende épocas prerromanas. Foi a condesa Teresa de León quen o 4 de marzo de 1125, outorgou carta de foral á vila, referíndose á mesma como Terra de Ponte. Anos máis tarde, xa no século XIV, Pedro I, atendendo á posición xeoestratéxica de Ponte de Lima, mandou contruír a muralla, polo que o resultado final foi o dun burgo medieval cercado de murallas e nove torres, das cales aínda restan dúas, varios vestixios das restantes e de toda a estrutura defensiva de entón, facéndose o acceso á vila a través de seis portas.

      A ponte, que deu nome a esta terra, adquiriu sempre unha importancia de gran significado en todo o Alto Minho, sendo a única pasaxe segura do río Limia, en toda a súa extensión, até o final da Idade Media. A primitiva, da cal aínda resta un anaco significativo na marxe dereita do Limia, foi construída polos romanos e a medieval é un marco notábel da arquitectura, sendo un bo exemplo de beleza e equilibrio. Referencia obrigatoria en rutas, guías e mapas, moitos deles antigos, que describen a pasaxe por ela de milleiros de peregrinos cara a Santiago de Compostela e que aínda hoxe en día a atravesan coa mesma finalidade.

      A partir do século XVIII xorde a expansión urbana e con ela o inicio da destrución da muralla que abrazaba a vila. Comeza a prosperar, por todo o concello de Ponte de Lima, a opulencia das casas señoriais que a nobreza da época se encargou de diseminar. Ao longo do tempo, Ponte de Lima foi, así, sumando á súa beleza natural, magníficas fachadas góticas, maneiristas, barrocas, neoclásicas e oitocentistas, aumentando significativamente o valor histórico, cultural e arquitectónico.

      Hoxe en día, ademais de ser un popular destino turístico e ser paso de obriga do camiño portugués a Compostela, Ponte de Lima sobresae polos seus xardíns, incluíndo un concurso de xardinaxe anual.  

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA