jueves, 2 de diciembre de 2021

IGREXIA DE SEIXÓN - SEIXÓN DE ARRIBA - FRIOL

 IGREXA DE SEIXÓN

SEIXÓN DE ARRIBA

FRIOL

Igrexa de Seixón

       Trátase dun templo románico construído no ano 1140 polo mestre Juan, segundo figura inscrito nun dos seus muros.

      De deseño simple, cuberta de pizarra a dúas augas e pouca ornamentación, na que a pesares das reformas sufridas, aínda se observan claras influencias do románico castelán.

     Chama a atención o arco de medio punto con dobre arquivolta da porta principal, no que poden verse rosetas como decoración. 

     A arquivolta menor descansa sobre jambas e a maior sobre columnas, con capiteis decorados con elementos vexetales. 

      Pénsase que a porta principal puido estar cuberta por un pórtico de madeira, como adoita ser habitual en Galicia e no resto do Norte da Península Ibérica.

      O interior do edificio primitivo está iluminado por dúas fiestras, ao lado sur de forma rectangular e sen decoración, mentres a do oeste está integrada nun bonito arco decorado, con capiteis sobre pequenas columnas.

      Crese que o topónimo Seixón procede de "saxun" (acantilado de roca), o término "Saxon" aparece nunha tumba do século X en Sobrado dous Monxes, atopándose referencias posteriores como Saixon e Seixon.

 Seixón
       San Paio de Seixón é unha parroquia rural do concello lugués de Friol na comarca de Lugo. 

      Tiña 89 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 47 homes e 42 mulleres distribuídos en 7 entidades de poboación.

     O que supón unha diminución de 2 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 91 habitantes (50 homes e 41 mulleres) e 9 menos que en 2004.

Lugares de Seixón
   A Abelaira, Cela, A Pedranegra, Seixón de Abaixo, Seixón de Arriba, Sucampo, O Vilar

Comarca de Lugo
     A comarca de Lugo é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Lugo. 

      A esta comarca pertencen os concellos de Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín e Rábade.

MAPA

Fuente: Blog El Camino de Santiago desde Asturias.

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO DOS FRANCOS - RÚA DOS FRANCOS - CALO - TEO

CRUCEIRO DOS FRANCOS

RÚA DOS FRANCOS

CALO

TEO

      Dando a benvida á Carballeira de Francos, atópase un dos cruceiros máis antigos de Galicia.

     O cruceiro de Francos, considerado un dos máis antigos de Galicia (s. XV), foi descrito por Castelao na súa obra As cruces de Pedra na Galiza (1950), ó abordar a orixe dos nosos cruceiros.

     Situado no entorno da carballeira de Francos e a carón da antiga escola, hoxe convertida en Casa Común do Concello, está intimamente ligado á ruta xacobea que pasa ao seu carón como demostran os relevos de dous peregrinos situados nos laterais da cruz.

     Como o propio Castelao sinala trátase dunha “cruz pousada nun ancho esteo de pedra, (.....) os nosos ollos xulgaríana como moi antiga se non reparásemos nos detalles dramáticos do crucifixo”.

     É unha cruz de granito sobre un varal cuadrangular que nos lembra a forma dunha pedrafita. Incluso conta cun pequeno gravado en forma de cruz.

      O cristo é de estilo gótico, crucificado con tres cravos, con coroa de espiñas, cara ladeada cara dereita, xeonllos dobrados e cun pano de pureza cinguido, acompañado de rudimentarias figuras que poderían representar a dous peregrinos, o que reforza a súa vinculación co Camiño Portugués.

MAPA

Fuente: Concello de Teo

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE LODAIRO - LODAIRO - CARBALLEDA DE AVIA

 PETO DE NOSA SEÑORA DE LODAIRO

LODAIRO

CARBALLEDA DE AVIA

 Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:

- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira). 

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 1 de diciembre de 2021

PETO DE VILAVERDE - VILAVERDE - MELÓN

 PETO DE VILAVERDE

VILAVERDE

MELÓN

PETO DE FILGUEIRA - FILGUEIRA - CRECENTE

 PETO DE FILGUEIRA

FILGUEIRA

CRECENTE

    Peto de ánimas
     Os petos de ánimas atópanse en camiños e encrucilladas de toda Galicia e son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción polas ánimas.

     Tódolos construídos con anterioridade a 1901 son bens de interese cultural.

Significado
     O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.

     Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo.

     Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.

     Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome.

     Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cerdedo-Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...". Tamén se invita a recordar os antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos". E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogade por nos, Señor, E socorrenos cos vosos sufraxios que nos pediremos por vos".

Orixe
     As almas do purgatorio que son a meirande devoción galega, despois dos santos, de Cristo e da Nai; e, aínda que o culto teña a súa raizame no cerne mesmo do espírito galego, as mostras que se conservan son serodias.

     A idea do purgatorio, aumentada e revitalizada a partir do Concilio de Trento (século XVI), fixo que se desenvolvese a práctica da construción destes monumentos populares cunha determinada iconografía. Pero segundo parece, en Galicia é no século XVIII cando se fan a maior parte destes monumentos dedicados ás ánimas; e os máis antigos conservados corresponden ao século XVII.

Localización e dimensións
     As encrucilladas aínda inspiran temor aos naturais do país, e a súa causa está en que pervive nas crenzas actuais consideralas como lugar que fora destinado ao enterramento, especialmente dos apartados da comunidade cristiá. De aí a crenza de que polas mesmas vaguen durante a noite as almas dos condenados.

     Tanto a súa dimensión como iconografía son variadas, polo que é difícil establecer unha morfoloxía xeral, aínda que si se pode indicar que o corpo central do peto está composto por unha cavidade na que normalmente se representa ás ánimas no purgatorio, en relevo ou pintura, e un peto ou hucha para botar as esmolas. Estes elementos veñen a maioría das veces acompañados doutros secundarios: cornixas, pilastras, portiña de ferro etc.

O culto aos petos de ánimas
     Tamén é habitual que, ao pasar por diante do peto, se rece unha oración polas benditas ánimas para que poidan saír do purgatorio.

     Tamén se lles agradece algún favor feito, porque acostuman a axudar aos vivos.

     Pídeselles axuda para solucionar algún problema e colócanselles flores no seu recordo.

     Ás ánimas, sobre todo, ténselles respecto. 

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA