CRUCEIRO DOS FRANCOS
RÚA DOS FRANCOS
CALO
TEO
Dando a benvida á Carballeira de Francos, atópase un dos cruceiros máis antigos de Galicia.
O cruceiro de Francos, considerado un dos máis antigos de Galicia (s. XV), foi descrito por Castelao na súa obra As cruces de Pedra na Galiza (1950), ó abordar a orixe dos nosos cruceiros.
Situado no entorno da carballeira de Francos e a carón da antiga escola, hoxe convertida en Casa Común do Concello, está intimamente ligado á ruta xacobea que pasa ao seu carón como demostran os relevos de dous peregrinos situados nos laterais da cruz.
Como o propio Castelao sinala trátase dunha “cruz pousada nun ancho esteo de pedra, (.....) os nosos ollos xulgaríana como moi antiga se non reparásemos nos detalles dramáticos do crucifixo”.
É unha cruz de granito sobre un varal cuadrangular que nos lembra a forma dunha pedrafita. Incluso conta cun pequeno gravado en forma de cruz.
O cristo é de estilo gótico, crucificado con tres cravos, con coroa de espiñas, cara ladeada cara dereita, xeonllos dobrados e cun pano de pureza cinguido, acompañado de rudimentarias figuras que poderían representar a dous peregrinos, o que reforza a súa vinculación co Camiño Portugués.
MAPA
Fuente: Concello de Teo
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901