martes, 7 de diciembre de 2021

EIRA DA PORTELA - VILAVERDE - QUINS - MELÓN

 EIRA DA PORTELA

VILAVERDE

QUINS

MELÓN

  Vilaverde
     Vilaverde é un lugar da parroquia de Quins no concello ourensán de Melón na comarca do Ribeiro. Tiña 69 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 38 eran homes e 31 mulleres.

Quins
        Santa María de Quins é unha parroquia do concello de Melón, na provincia de Ourense. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 876 habitantes (415 homes e 461 mulleres), o que supón un aumento en 12 habitantes en relación ao ano anterior.

     A parroquia está atravesada pola estrada N-120, que comunica Vigo e Ourense.

Lugares de Quins
     Barcia, O Casal, Codesás, Covelo, A Eirexa, A Ibia, Moces, Negrelle, Portalaxe, Portodechán, Quins, A Serra, Vilaverde, Vivenzo

Melón
      Melón é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o padrón municipal (IGE) tiña en 2016 1 280 habitantes, dos que 667 son mulleres e 613 homes.

Xeografía
     O concello ten 53,2 km². Limita ao norte cos concellos de Avión e Carballeda de Avia, ao sur co da Cañiza (da provincia de Pontevedra), ao oeste con A Arnoia e Ribadavia e ao oeste con Covelo (tamén da provincia de Pontevedra). Polo concello pasa a autovía A-52 que une Vigo e Ourense.

Historia
     A historia desta terra está fortemente vencellada ao da mosteiro de Melón, fundado en 1158 por monxes da orde do Císter chegados de Clairvaux comandados polo abade Giraldo.

      Entre o patrimonio arquitectónico, amais das ruínas do mosteiro (declarado Monumento Histórico-Artístico en 1931), destaca a igrexa parroquial de Quins (finais do século XVI, pertencente á orde do Císter) e o peto de ánimas de Codesás, construído en 1856 e de gran devoción popular.

 Parroquias de Melón    
     Melón (Santa María), Quins (Santa María)

Comarca do Ribeiro
       A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. 

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

      Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas.

     Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

VIDEO

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901