SARTEGOS DE SAN PEDRO DE VILANOVA
VILANOVA
MONTERROSO
Sartegos de San Pedro de Vilanova
Nos arredores do pobo levántase a igrexa parroquial de San Pedrpo á beira desta, pero fora do atrio atopamos a necrópole.
Está formada por dúas sepulturas aínda que á beira da que se atopa máis ao leste pódese apreciar claramente a silueta dunha terceira, son de forma rectangular, escavadas na roca.
Teñen escavado en todo o seu perímetro o típico reborde para evitar en todo o posible, que cando a tumba estivese selada, que puidese entrar a auga da choiva. Non seria de estrañar que houbese algunha sepulta máis aínda por destapar nos arredores, pois non se ve a roca, senón que toda a zona esta cuberta por terras e herbas.
Vilanova
San Pedro de Vilanova é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 39 habitantes, deles 19 eran homes e 20 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Lugares de Vilanova
Vilanova
Comarca da Ulloa
A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso.
A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.
No ano 2020 tiña 8.879 habitantes, 4.430 homes e 4.449 mulleres. O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca.
MAPA
Fuente: Blog enricvillanueva.wordpress.com
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901