miércoles, 8 de diciembre de 2021

CAPELA DE SANTA LUCIA - NOVÓA - CARBALLEDA DE AVIA

CAPELA DE SANTA LUCIA

NOVÓA 

CARBALLEDA DE AVIA

 Santo Estevo de Nóvoa
      Santo Estevo de Nóvoa é unha parroquia do concello de Carballeda de Avia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 92 habitantes, deles 38 eran homes e 54 eran mulleres.

Lugares de Santo Estevo de Nóvoa
     Santo Estevo

Carballeda de Avia
     Carballeda de Avia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1390 habitantes.O seu xentilicio é carballedés ou aviao .


Patrimonio
      A igrexa de Abelenda das Penas é de orixe románica, e estivo relacionada coa Orde do Temple. Preto dela hai un cruceiro do século XVII e restos romanos. No adro da igrexa de San Pedro de Beiro hai un cruceiro con pousadoiro. En Beiro destaca tamén a casa do Priorato.

     A igrexa de Muimenta é románica, e nesta parroquia hai unha eira con numerosos canastros.

     A ermida da Nosa Señora do Lodairo é de estilo románico de transición a gótico, cun peto de ánimas próximo. A igrexa de San Miguel en Carballeda de Avia é barroca.

Patrimonio natural
      Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, onde atopamos formacións rochosas senlleiras e un importante patimonio natural.

Parroquias de Carballeda de Avia     
     Abelenda das Penas (Santo André), Balde (San Martiño), Beiro (San Pedro), Carballeda (San Miguel), Faramontaos (San Cosmede), Muimenta (San Xiao), Santo Estevo de Nóvoa (Santo Estevo), Vilar de Condes (Santa María)

Comarca do Ribeiro
      A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.

     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901