domingo, 20 de junio de 2021

MÁMOA DA CHOUSA - CAMPOMARZO - ABADES - SILLEDA

MÁMOA DA CHOUSA

CAMPOMARZO

ABADES 

SILLEDA

 Mámoas
     Os primeiros rastros de poboamento atopámolos nos campos de mámoas datados na Idade do Bronce, ou incluso antes, abundantísimos no concello aínda que merece ser destacado por ser o primeiro recentemente descuberto e mostrado para o público (ano 2010), o situado na parroquia de Abades coñecido como a Mámoa da Chousa Nova I.


Situación: 

     Campomarzo - Abades
Cronoloxía: 

     4340-4260 a.C. Máis antiga das datadas en Galicia.
Coordenadas:

      X: 557.906 Y: 4.734.043  H: 29

     Para chegar hai que coller, na poboación de A Bandeira (N-525), a estrada autonómica PO-204 que vai cara ao Concello de Vila de Cruces e no lugar de Campomarzo coller á esquerda en dirección ao Santuario de Abades. 

     O túmulo atópase preto da estrada local xusto enriba do falso túnel construído sobre a liña férrea do AVE.

       Os traballos de excavación motivados polo paso da Liña de Alta Velocidade Ourense-Santiago, pola parroquia de Abades, descubriron unha cámara megalítica intacta e os restos dun complexo sistema construtivo.

     O monumento foi levantado segundo o estilo da época, é dicir, colocando pedras para formar unha especie de caixa e cubríndoas cunha gran lousa. A cámara quedaba sepultada baixo unha morea de terra, o túmulo, que lle confería un aspecto redondeado.

     As análises de Carbono14 realizadas sitúan este xacemento entre o ano 4340 e o 4260 a.C., converténdoa nunha das cámaras megalíticas máis antigas das datadas ata o momento en Galicia.

     Para comprender o valor para os seus construtores, hai que ter en conta que non se coñecía o metal e os centos de metros cúbicos que forman o túmulo tiveron que moverse con instrumentos de madeira, ósos, cestos feitos de vimbios e sacos de esparto. A pedra da cuberta pesa uns 2950 quilos.

     No interior da cámara, baixo anacos da lousa cuberta partida, conservábanse aínda as evidencias dun enterramento individual. 

     Aínda que a acidez dos solos galegos impide a conservación dos ósos tan antigos, un colar de doas de ámbar e variscita ocupaba o centro da cámara, disposto como se estivese depositado sobre un corpo humano. Unha pequena lámina de aixada, un cincel e una afiador completaban o enxoval.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 Fuente: Web Turismo de Silleda

XOAN ARCO DA VELLA


O CAMIÑO EN MARCHA - ETAPA PONTE DA LIMA RUBIAES - AMIGAS/OS DO CAMIÑO PORTUGUÉS

 O CAMIÑO EN MARCHA

ETAPA PONTE DA LIMA RUBIAES

AMIGAS/OS DO CAMIÑO PORTUGUÉS

     O pasado domingo día 23 de Maio, un grupo moi numeroso pertencentes á Asociación dás Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago volveron á ruta Xacobea para iniciar a súa tradicional peregrinación de todos os Anos Santos, dende Porto a Santiago de Compostela, con este, xa son cinco.

     O Domingo día 13 tocou a etapa Ponte de Lima a Rubiaes, da que ahora compartimos algunhas imexes de ese día, espero que disfrutedes con elas.

     Ao longo dos proximos dias iremos compartindo as diferentes etapas que este grupo da Asociación das Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago, esta realizando.

       Despois do paron provocado pola pandemia este ano pódese, e de feito xa son moitos os peregrinos que percorren os Camiños e no Portugues tiven a ocasion de ver moitos.

     Quero agradecer a Asociación das Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago a atencion que teñen sempre con nos,  en particular ao seu presidente Tino Lores e a Pilar Amaro que nos envia fotos de cada etapa e de diferentes momentos.

     Esta é unha iniciativa aberta, polo que poden participar todas as persoas que o desexen, podendo unirse á mesma en calquera momento, e podo asegurar que todos e todas seran ben recibidos

     Nesta ocasion non puden asistir personalmente pero en proximas ocasions si estarei, aínda que sexa de grafico, xa iremos contando.

     O calendario previsto dá peregrinación contempla que para o domingo 30 de maio terá lugar a segunda etapa entre Vilarinho-Barcelos, o domingo 6 de xuño será a terceira etapa entre Barcelos e Ponte de Lima; a cuarta etapa está prevista para o domingo 13 de xuño entre Ponte de Lima e a localidade de Rubiaes. O domingo 20 de xuño esperase poder completar a quinta etapa: Rubiaes-Valença do Minho.

     A partir de Valença do Minho farase un descanso retomándose en setembro os sábados de tarde.


Camiño Portugués
      Coñécese como Camiño Portugués, ou máis concretamente Camiño Portugués Central (para unha mellor distinción dos demais), o camiño xacobeo que une Lisboa con Santiago de Compostela.

     O seu percorrido debuxa unha liña de sur a norte, que dende a capital lusa pasaría por Santarém, Coimbra, Porto, Barcelos, Ponte de Lima, Valença do Minho, Tui, Pontevedra e Padrón.

     Utilizado xa dende a Idade Media, foi sempre un dous máis importantes camiños de Santiago e na actualidade é o segundo camiño en número de peregrinos, só superado polo Camiño Francés. Aínda que este é o máis coñecido e utilizado, hai moitos outros camiños de Santiago en Portugal.

     Dende fai anos estanse recuperando antigas rutas, aínda que a maioría serían afluentes ou variantes do Camiño Central: a máis frecuentada é Camiño Portugués dá Costa, que ten o seu punto de inicio en Porto e segue un itinerario próximo ao mar; dende a mesma cidade tamén pode tomarse unha alternativa "por agora minoritaria" como é a variante de Braga; outro ramal arrincaría  sur, dende Faro e a rexión do Algarve, aínda que presenta tramos aína sen sinalizar, e queagardamos  permita percorrer o país dun extremo a outro.

    A estas rutas xacobeas cabo engadir outras polo interior de Portugal, tales como o interesante Camiño Portugués Interior (que parte de Farminhãou-Viseu e segue por Lamego e Chaves cara a Verín, onde une á variante sanabresa dá Vía dá Prata), ou Camiño Zamorano-Portugués ou de Soutochao (que sae de Zamora e segue por Bragança cara a Chaves) ou Camiño Torres (desde Salamanca cara a Braga) 

 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fotos: Pilar Amaro

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SANTIAGO DE LEBOZÁN - LEBOZÁN - LALÍN

IGREXA DE SANTIAGO

LEBOZÁN

LALÍN

 Lebozán
     Santiago de Lebozán é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín.

     Segundo o IGE en 2011 tiña 154 habitantes (78 mulleres e 76 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 217 habitantes.


Historia
     Un dos montes de Lebozán conserva o nome de Convento, topónimo que lembra o dominio que os monxes de Aciveiro exerceron sobre estas terras.


Patrimonio
     A igrexa de Santiago de Lebozán é de traza sinxela e conserva no interior interesantes tallas de escultura popular.

Festas
     Celebra festas na honra de Santiago, San Cristovo e as Dores.

Lugares de Lebozán
     Bustelo, Carrofeito, A Castiñeira, A Ermida, O Espiño, Lebozán, Samprizón

Comarca de Deza
     A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. 

     Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. 

     A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. 

     O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.


Situación
     A comarca de Deza ven coincidir co centro xeográfico de Galicia. 

     Limita ao norte coas comarcas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño, ao leste coas de Ulloa e Chantada e ao oeste con Tabeirós-Terra de Montes.


Parroquias de Lalín     
     Albarellos (Santa María), Alemparte (Santa María), Anseán (Santiago), Anzo (San Xoán), Barcia (Santo Estevo), Bendoiro (San Miguel), Bermés (Santa María), Botos (San Xoán), Busto (San Facundo), Cadrón (Santo Estevo), Camposancos (San Cristovo), Cangas (Santa Mariña), Castro de Cabras (San Pedro), Catasós (Santiago), O Cello (San Martiño), Cercio (Santiago), Cristimil (San Xurxo), Doade (San Pedro), Donramiro (Santa María), Donsión (Santa Baia), Filgueira (Santa María), Galegos (San Miguel), Goiás (San Miguel), Gresande (Santiago), Lalín (Santa María das Dores), Lebozán (Santiago), Lodeiro (San Paio), Losón (Santa Baia), Maceira (San Martiño), Madriñán (Santo Adrao), Méixome (Santiago), Moimenta (San Lourenzo), Moneixas (Santo Adrao), Noceda (Santa María), Palmou (San Xoán), Parada (Santa María), Prado (San Martiño), Rodís (San Xiao), Santiso (San Román), Sello (Santiago), Soutolongo (Santa María), Val do Carrio (Santo André), A Veiga (San Ramón), Vilanova (San Xoán), Vilatuxe (San Lourenzo), Xaxán (Santa María da Saleta), A Xesta (San Fiz), Zobra (Santa Mariña) 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


RITUAIS DE SAN XOÁN - ASOCIACIÓN VECIÑAL "A FONTE" - ESTRIBELA CANTODAREA

 RITUAIS DE SAN XOÁN

ASOCIACIÓN VECIÑAL "A FONTE"

ESTRIBELA - CANTODAREA

   O meu agredecimiento a asociación de veciñal A Fonte de Estribela - Cantodarea por convidarme a falar dos rituais de san Xoán e outros que descubrin por Galicia adiante, Grazas estades invitados todas e todos.

Día: 22 de Xuño

Hora: 20.30

Lugar:Parque Azul do Cantodarea (Av. de Ourense - Marín)

Organiza: Asociación Veciñal A Fonte

Colabora: Concello de Marín

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Asociación Veciñal A Fonte Cantodarea-Estribela

XOAN ARCO DA VELLA



sábado, 19 de junio de 2021

CRUCEIRO PETO DE EIROA - EIROA - BARRO - NOIA

 CRUCEIRO PETO DE EIROA

EIROA

BARRO

NOIA

    Peto de ánimas
     Os petos de ánimas atópanse en camiños e encrucilladas de toda Galicia e son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción polas ánimas. Tódolos construídos con anterioridade a 1901 son bens de interese cultural.

Significado
     O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.


     Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo.Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.


     Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome.


     Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cerdedo-Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...". Tamén se invita a recordar os antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos". E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogade por nos, Señor, E socorrenos cos vosos sufraxios que nos pediremos por vos".

Orixe
     As almas do purgatorio que son a meirande devoción galega, despois dos santos, de Cristo e da Nai; e, aínda que o culto teña a súa raizame no cerne mesmo do espírito galego, as mostras que se conservan son serodias.


     A idea do purgatorio, aumentada e revitalizada a partir do Concilio de Trento (século XVI), fixo que se desenvolvese a práctica da construción destes monumentos populares cunha determinada iconografía. Pero segundo parece, en Galicia é no século XVIII cando se fan a maior parte destes monumentos dedicados ás ánimas; e os máis antigos conservados corresponden ao século XVII.


Localización e dimensións
     As encrucilladas aínda inspiran temor aos naturais do país, e a súa causa está en que pervive nas crenzas actuais consideralas como lugar que fora destinado ao enterramento, especialmente dos apartados da comunidade cristiá. De aí a crenza de que polas mesmas vaguen durante a noite as almas dos condenados.


     Tanto a súa dimensión como iconografía son variadas, polo que é difícil establecer unha morfoloxía xeral, aínda que si se pode indicar que o corpo central do peto está composto por unha cavidade na que normalmente se representa ás ánimas no purgatorio, en relevo ou pintura, e un peto ou hucha para botar as esmolas. Estes elementos veñen a maioría das veces acompañados doutros secundarios: cornixas, pilastras, portiña de ferro etc.


O culto aos petos de ánimas

     Tamén é habitual que, ao pasar por diante do peto, se rece unha oración polas benditas ánimas para que poidan saír do purgatorio. Tamén se lles agradece algún favor feito, porque acostuman a axudar aos vivos.

     Pídeselles axuda para solucionar algún problema e colócanselles flores no seu recordo. Ás ánimas, sobre todo, ténselles respecto.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA