miércoles, 24 de febrero de 2021

PONTELLA NO RÍO PEQUENO - A GRAÑA - BORELA - CERDEDO COTOBADE

 PONTELLA NO RÍO PEQUENO

A GRAÑA

BORELA

CERDEDO COTOBADE

 A Graña
     A Graña é un lugar da parroquia de Borela, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. 

     Segundo o IGE en 2007 tiña 64 habitantes (34 homes e 30 mulleres), dez máis que no 2006.

     O topónimo, ó igual que noutros lugares co nome da Graña, posiblemente fai mención a unha antiga explotación gandeira ou agrícola dependente do próximo mosteiro de Tenorio e rexida por un monxe labrego ou mestre.


San Martiño de Borela
     San Martiño de Borela é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cotobade.


     Segundo o IGE no 2007 tiña 388 habitantes (189 homes e 199 mulleres), 6 máis que no 2006. Dos seus 11 lugares, 9 están habitados.


Persoeiros
     En 1947, a escritora brasileira Nélida Piñon, que daquela contaba con 10 anos, múdase cos pais e cos avós maternos para Borela, onde ficarán dous anos.


Lugares de Borela
     A Aldea de Abaixo, Borela, A Brea, A Cavada, A Costa, Os Currás, A Graña, Pazos, O Picoto de Abaixo, A Ponte Borela, A Senra

Cerdedo-Cotobade
     Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.


     Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km².


     Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.


Patrimonio
Patrimonio arqueolóxico
    Calzada do monte Pé da Múa.
    Petróglifos de Pedra das Ferraduras, na parroquia de San Xurxo de Sacos e de Portela da Laxe, na parroquia de Viascón.


Patrimonio arquitectónico
    Igrexa de San Martiño de Rebordelo.
    Igrexa de San Xurxo de Sacos.
    Igrexa de Santa María de Sacos.
    Mosteiro de San Pedro de Tenorio.
    Ponte sobre o río Lérez.
    Capela de Santo Antón en San Xoán de Cerdedo.
    Capela de San Bartolomeu en Chamadoira.

Festas e celebracións
    A festa da vincha, celebrada durante o entroido en Cerdedo;
    A festa do xabarín, celebrada en abril en Cerdedo;
    A rapa das bestas, celebrada no mes de agosto en Cuspedriños;
    A festa do requeixo, celebrada en xuño en Corredoira;
    A festa da filloa, celebrada en setembro en Valongo.


Parroquias de Cerdedo-Cotobade

     Aguasantas (Santa María), Almofrei (San Lourenzo), Borela (San Martiño), Carballedo (San Miguel), Caroi (Santiago), Castro (Santa Baia), Cerdedo (San Xoán), Corredoira (San Gregorio), Figueiroa (San Martiño), Folgoso (Santa María), Loureiro (Santiago), Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo), Quireza (San Tomé), Rebordelo (San Martiño), Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo), Tenorio (San Pedro), Tomonde (Santa María) Valongo (Santo André), Viascón (Santiago)

 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

 

martes, 23 de febrero de 2021

MUÍÑO DE ARRIBA - REGO DO POBO - VALADARES - MARCÓN

 MUÍÑO DE ARRIBA

REGO DO POBO

VALADARES

MARCÓN

 Marcón
     Marcón é unha parroquia rural do municipio de Pontevedra, na provincia de Pontevedra.

Poboación
     Segundo os datos da INE no 2000 había 2169 habitantes nesta parroquia dos cales 1050 eran varóns e 1119 eran mulleres.


     No 2008 esa poboación incrementouse un 1,98%, xa que había unha poboación total de 2212 habitantes, dos cales 1055 eran varóns e 1157 mulleres.


Lugares de interese
     O pé do monte da Fracha (545m), famosas polas fontes de augas medicinales (fonte dos bañitos).

     A parroquia de Marcón, tempo atras pertenceu ao entón concello de Mourente.

  Limita con Canicouva, Tomeza, Bora, e Mourente.

      A igrexa parroquial de Marcón, a casa rectoral e a ponte do Couto son mostras máis destacadas do seu patrimonio monumental.

     Nesta parroquia está situado o polígono industrial do Campiño, lindando co veciño concello de Ponte Caldelas.

Lugares
      Albeiro, A Barcia, A Cardosa, A Ermida, Marcón, Pazos, Peralba, Pintos, Ría de Abaixo, Ría de Arriba, Carracedo, Valadares, Vilafranca


Festas

     Cada primeiro fin de semana de setembro celébranse as festas en honor á Virxe do Rosario e das Dores.


      A parroquia tamén celebra as festas en honor ao seu patrón San Miguel os días 29, 30 de setembro e 1 de outubro.

     Hai unha festa gastronómica que goza cada vez de máis fama, é a Festa dá Fabada que se celebra todos os anos no mes de abril e é organizada polo equipo de fútbol do Marcón Atl.   

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


lunes, 22 de febrero de 2021

MUIÑO DA CANCELA DA CARBALLEIRA - A CANCELA - RÍO CUBEIRO - SALCEDO

 MUÍÑO DA CANCELA DA CARBALLEIRA

A CANCELA

RÍO CUBEIRO

SALCEDO

   San Martiño de Salcedo
     San Martiño de Salcedo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Pontevedra.


     Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 2.123 habitantes (1.027 homes e 1.096 mulleres), o que supón unha diminución respecto a 2004, cando tiña 2.241 habitantes (1.161 mulleres e 1.08 homes), distribuídos en 28 entidades de poboación.


     Antigamente formou un concello independente xunto coa parroquia de Lourizán.

     As festas máis importantes que se celebran nesta parroquia son o San Martiño, patrón da mesma, o 11 de novembro e Santa Rita, o 22 de maio.

     En Salcedo hai restos de antigos castros, así como rochas en distintos barrios (Cabanas, A Esculca) que conteñen petróglifos. Foron atopados diversos miliarios de orixe romana.


     O pazo do arcebispo Malvar, chamado Pazo da Carballeira de Gandarón, acolle na actualidade a sede da Misión Biolóxica de Galiza, dedicada á investigación científica e especializada no millo.


     Así mesmo, son merecentes de visitar a igrexa parroquial e a capela de san Breixo. A orixe desta última non está ben definida, aínda que é o gótico o estilo que predomina na parte máis antiga. O resto é do século XVIII.

Lugares de Salcedo
     A Almuíña A Armada, Birrete, Cabanas, O Campo da Porta, A Cancela, A Carballa, A Carballeira, O Carballo do Pazo, O Carramal, O Casal, A Costa, O Cruceiro, A Esculca, A Igrexa, Matalobos, A Muimenta, O Nabalexo, A Ruibal, O Xistro 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

PONTE DE VALENTÍN - RÍO DOS GAFOS - LUSQUIÑOS - CABANAS - SALCEDO - TOMEZA

 PONTE DE VALENTÍN

RÍO DOS GAFOS

LUSQUIÑOS - CABANAS

SALCEDO - TOMEZA

 Río dos Gafos
     O río dos Gafos é un curso fluvial galego, de 10,83 km de longo, que desemboca na ría de Pontevedra. 

      Transcorre en boa parte paralelo á vía portuguesa do Camiño de Santiago. Agás nos seus últimos 600 metros, ten unha orientación sur-norte, cousa estraña nun río das Rías Baixas.


Toponimia
     A súa denominación varía polos lugares que atravesa. É coñecido como Cocho, Regheiro, Das Veighas da porta e Da Estación en Figueirido; Toxal en Bértola, Tomeza en Tomeza e Salcedo e Menexo, Estación, Palamios, Da Goleta, Da Taboada e Dos Gafos en Pontevedra. O seu nome provén da existencia en Pontevedra dun hospital de leprosos xunto ó desaparecido templo da Virxe do Camiño, chegando os seus xardíns ata a beira do río.


Curso
     Nace no Mato da Xestiña, lugar da Boullosa (Figueirido, Vilaboa), e desemboca no barrio pontevedrés das Corbaceiras. Os seus afluentes son pola esquerda o rego de Antiguidá, río Miñoto ou Filgueira e Ponte Bala; pola dereita, os ríos de Bois, O Barco, Pombal e Pintos.


Características
     O seu caudal está marcado pola pluviosidade das estacións do ano. Se ben en outono e inverno adoita ir cargado, no verán leva menos auga, en parte tamén polo uso excesivo das súas augas para o rego de leiras e predios, ben con canles, ben mediante bombeo.

     O seu leito adoita transcorrer á beira de asentamentos humanos, polo que as súas marxes se ven acotío alteradas pola agricultura, as obras públicas e as infraestruturas. Estes cambios implican danos, ás veces irreparables, e o río sofre un grande impacto de fertilizantes, pesticidas e herbicidas que afectan á biodiversidade. A pesar destes impactos e da súa proximidade a importantes núcleos de poboación, o río mantén un importante valor ecolóxico; destacando a presenza de lontras como bioindicador do actual bo estado das augas.


Biodiversidade
     No biotipo das áreas naturais, na primeira parte do seu percorrido, o río transcorre por zonas de sotobosque con fentos, liques, brións, silveiras, xilbarbeiras e mesmo lúpulo, con plantas e arbustos como estripos, abruñeiros, e loureiros.

      Nos seus bosques de ribeira hai bastante diversidade, podendo dividirse estes en tres categorías:
     Brañas: Teñen un alto grao de humidade e a capa superficial do solo asolagada. Destacan os salgueiros e os amieiros.

     Fragas: O bosque tradicional galego, mesturando diferentes especies de árbores. Hai bastantes carballos, algúns deles de tamaño e altura extraordinarios, xunto con freixos, bidueiros, chopos ou amieiros.
Soutos: bosques monoespecíficos (dunha soa especie) de castiñeiros plantados polo ser humano para a obtención de madeira e/ou castañas.


Patrimonio
      O río xa aparece mencionado no libro Viaxe a Galicia do Padre Sarmiento (1745). Tamén aparece, xunto cos seus afluentes, na Carta xeométrica de Galicia de Domingo Fontán (1845), e no mapa da provincia de Pontevedra de Francisco Coello (1856). O Padre Amado Carballo conta en 1762 que as árbores do seu paseo eran plantadas polos frades do Convento Dominico.

     Ten un total de 16 pontes, e ata mediados do século XX funcionaron lavadoiros e muíños. Desde a década dos 60, no barrio pontevedrés de Campolongo flúe por un treito soterrado de canalización durante 525 metros.

     Unha das súas pontes, a ponte do Couto, sita nas proximidades da estación de autobuses de Pontevedra, foi considerada durante moito que orixinara xunto ca Ponte do Burgo (sobre o río Lérez) a denominación de Ad Duos Pontes, nome da vila romana que se cría xermolo da cidade de Pontevedra. Porén, na actualidade esta teoría está desbotada.

     Dado que ata o século XX non houbo auga corrente nas casas (a primeira foi o Palacete dos Mendoza no 1897), as súas augas foron utilizadas como lavadoiros públicos, sendo moi concorridos xa que estaba prohibido lavar no curso do Lérez. Con posterioridade estes lavadoiros terían maiores comodidades, contando incluso con luz eléctrica.

      O río foi abandonado á maleza e as súas beiras aparecían nos últimos anos cheas de residuos. Pero coa chegada do século XXI naceu o colectivo Vaipolorío, creado por un grupo de veciños. Se ben a súa actividade inicial era basicamente limpar o río, posteriormente comezaron outras como a creación dunha ruta, obradoiros medioambientais, catalogación de flora e fauna e a recuperación da toponimia.


      Estas actividades foron recoñecidas cos premio Cidade de Pontevedra no ano 2001, outorgado polo Concello de Pontevedra, no apartado de institucións, pola defensa do medio ambiente natural, e o Premio Amigos de Pontevedra, outorgado no 2004 pola Asociación Amigos de Pontevedra, tamén no apartado de institucións, polo traballo de recuperación do río dos Gafos.

     No ano 2007, co apoio da Consellería de Medio Ambiente, o Concello acondicionou as marxes do río no treito urbano, con paseos e pasarelas de madeira.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube


XOAN ARCO DA VELLA