lunes, 23 de septiembre de 2019

PONTE DA EIREXE- CAROI - RÍO ALMOFREI - CERDEDO COTOBADE

PONTE DA EIREXE
RÍO ALMOFREI
CAROI
CERDEDO COTOBADE



Río Almofrei
     O río Almofrei é un pequeno río galego que flúe na provincia de Pontevedra.


     É afluente, pola beira esquerda, do río Lérez e a súa lonxitude é de aproximadamente 26 km, o que o converten no máis longo dos seus tributarios.


Étimo
     A denominación do río está vinculada ao lugar e parroquia de Almofrei (Cerdedo-Cotobade), que bañan as súas augas, de xeito que ben expresado o seu nome sería "río de Almofrei", o que é bastante característico na denominación de numerosos ríos menores.


     Á súa vez o nome da parroquia é de orixe xermánica dun posesor, seguramente altomedieval, con nome gótico latinizado, Ermaufredus, que polo xenitivo, Ermaufredi, pasou por evolución ao galego Almofrei.     Outros autores falan dunha orixe árabe da palabra, que conservaría en galego o significado de funda na que se leva a cama de viaxe.


Descrición
Fontes
     O Almofrei nace preto do lugar de Fraguas, na freguesía de Santiago de Caroi, dentro do concello de Cerdedo-Cotobade, por debaixo do monte Seixo, que está xa no municipio da Lama, a uns 671 msnm.


Percorrido
     Logo do seu nacemento e ao longo do seu curso atravesa outras das freguesías de Cerdedo-Cotobade: Corredoira, Loureiro, Carballedo, Rebordelo, Borela e Almofrei, que é a que lle empresta o seu nome ao río.



     Pouco despois de pasar por esta, entra na parroquia de Bora, xa do concello de Pontevedra, para moi logo desaugar no río Lérez á altura do lugar de Ponte Bora. O sentido xeral do percurso do río é de NO a SE.


Afluentes
     Os afluentes do Almofrei son pequenos regatos de escaso desenvolvemento lonxitudinal. Pola dereita salientan o rego da Pereira, o rego de Chan das Latas e o rego do Pego. Pola esquerda, o rego de Borela, no curso medio xa, é o máis importante.


Réxime hídrico
     O Almofrei é un típico río de réxime hídrico pluvial de tipo oceánico, coas características da súa conca, que segundo a altura recolle anualmente entre 1.500 mm e máis de 2.000 mm. A súa bacía esténdese sobre 77,5 km² e o seu caudal medio é de 3,58 m³/s.


Intervención humana
Construcións
     Ó longo do seu percorrido hai un bo numero de muíños, un batán, e praias e piscinas fluviais.


Caroi
     Santiago de Caroi é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 128 habitantes (61 homes e 67 mulleres), 29 menos ca en 2006. Dos 12 lugares da parroquia, están habitados 11.


 
Historia
     O topónimo posiblemente teña a súa orixe na raíz preindoeuropea kar (pedra), polo rochoso da zona. A parroquia pertenceu até 1904 ao veciño concello da Lama.


Poboación
     Caroi presenta un modelo poboacional típico do rural galego, cunha perda pequena e constante de veciños. 



     No ano 2000, vivían no lugar (INE) 179 habitantes (82 homes e 97 mulleres). En 2001 tivo 184 habitantes, e desde entón a poboación comezou a decrecer.


 
Patrimonio
     Nesta parroquia, ademais da igrexa parroquial, están a capela do Neno Xesús e a capela de Santa Mariña, onde se celebra a romaría o 18 de xullo. En 1917 construíuse a escola de nenos, e en 1931 a escola de nenas, rehabilitada en 2013.


     Hai tempo había na ladeira do monte Seixo nunha zona de neves perpetuas unha neveira de xeo usada para levar ao porto de Marín para conservar o peixe.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 22 de septiembre de 2019

PASOS DAS PARTIDAS - RÍO VERDUGO - ABELAIDO - A LAMA

 PASO DAS PARTIDAS
ABELAIDO
RÍO VERDUGO
A LAMA


Río Verdugo
     O Verdugo é un río galego da provincia de Pontevedra, cuxa foz se sitúa no fondo da ría de Vigo.



Percorrido
     O Verdugo nace a 760 m de altura no monte do Outeiro Grande, na aldea de Cernadelos (Santa Mariña de Presqueiras, Forcarei).



     No seu primeiro tramo baixa encaixado atravesando os concellos de Beariz, A Lama e Ponte Caldelas, facendo un val máis amplo na súa entrada en Soutomaior.



     No seu último tramo serve de fronteira entre Soutomaior e Pontevedra, desembocando entre Arcade e Ponte Sampaio.



     No concello de Ponte Caldelas atravesa os pasos da Fraga, onde se conservan varios muíños e un peto de ánimas. Despois de formar a praia fluvial da Calzada, na vila de Ponte Caldelas hai un paseo fluvial, a carón do antigo balneario, onde hai un monumento ao pescador.



Características
     O seu afluente principal é o río Oitavén, que se lle une pola esquerda, en Ponte da Barca, e que desenvolve un percurso de lonxitude similar á do Verdugo, desde o seu nacemento até a confluencia (32 km).



     De modo que ás veces se fala do sistema Verdugo - Oitavén (o curso común é de 7 km), e máis se se ten en conta que o caudal do Oitavén é superior.



     Outros dos seus afluentes son o Calvelle e o Barbeira.



     O tamaño total da conca é de 357 km² (177,7 km² corresponden á bacía do Oitavén). O caudal absoluto do Verdugo na desembocadura é de 17 m³/s (o do Oitavén, antes da confluencia, atinxe os 10,5 m³/s).



     O Verdugo e os seus afluentes son ríos de réxime pluvial. As precipitacións medias na súa conca atinxen os 1884 mm anuais.



Aproveitamento
     No Verdugo sitúanse tres encoros: os de Feixa I e Encoro de Feixa II, localizados no concello de Ponte Caldelas e máis o encoro da Ponte do Demo, no de Soutomaior. Son de potencia inferior a 10 Mw.



     O río Verdugo ten sona pola pesca da troita. O último domingo de maio celébrase en Ponte Caldelas a festa da troita e o concurso internacional de pesca de salmónidos.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 21 de septiembre de 2019

VILLARUBÍN - OENCIA - O BIERZO - LEÓN

 VILLARRUBÍN
OENCIA
O BIERZO
LEÓN


Villarrubín
     Villarrubín é unha parroquia do concello de Oencia, na provincia de León.




     A igrexa parroquial está no lugar de Villarrubín situado na estrada de Ferramulín a Oencia.



Lugares de Vilarrubín
     Arnadelo, Arnado, Castropetre, Leiroso, Lusio, Oencia, Sanvitul, Vilarrubín, Xestoso



Oencia
     Oencia é un municipio e localidade de España, na comarca do Bierzo, provincia de León, comunidade autónoma de Castilla e León.



     É un dos municipios leoneses nos que se fala galego.




Núcleos de poboación
Oencia
Arnadelo
Villarrubín
Arnado
Gestoso
Castropetre
Lusio
Sanvitul
Leiroso



Patrimonio
     Igrexa de Santa María, en Oencia, destaca pola súa boa construción e seu airoso campanario.



     Igrexa de Lusío. Destaca no seu interior a imaxe de Santa María.



     Restos do castelo de Lusío. Da antiga fortaleza de Lusío apenas quedan hoxe unhas ruínas no medio do monte.




     Arquitectura popular. Poden atoparse belos exemplos de arquitectura tradicional en todas as localidades que conforman o municipio.




     Antigas ferrerías. Sitúanse ao longo da canle do río Selmo.



Contorna natural
     Destaca a contorna do río Selmo, un río caudaloso e con gran forza nas súas augas, feito que motivo que antiguamente as súas augas fosen utilizadas para o traballo de ferrerías na súa canle.



     sí mesmo, a montuosidad do término, acubillado entre a Pena do Seo e a Serra da Encina da Lastra, ofrece unha bela paisaxe natural con bosques de abedules, haxas, carballos ou castiñeiros, así como unha fauna na que poden atoparse lobos, raposos, nutrias, texons ou corzos.


    
O Bierzo
    O Bierzo é unha comarca administrativa composta de 38 municipios, conformada en 1991 a partir da rexión natural española do mesmo nome situada no terzo occidental da provincia de León, na comunidade autónoma de Castilla e León.




     Geográficamente, o Bierzo se estrutura ao redor de varios vales na cuenca do río Sil, con individualidades de tipo xeográfico que fan que se lles considere á súa vez como subcomarcas segundo as fontes.



     Na división territorial de 1822 estableceuse a provincia do Bierzo formada polo Bierzo, A Cabrera, a comarca de Valdeorras e Laciana ; aínda que a división provincial de 1833 integrou a Valdeorras na provincia de Ourense, incorporándose O Bierzo, A Cabrera e Laciana á de León.



     O castelán é a lingua oficial e de uso máis estendido, aínda que tamén se fala, en menor medida, o galego e o leonés, cuxa hibridación deu lugar a un dialecto berciano con diversas variacións locais.




     Goza dun microclima mediterráneo suave, resultado da combinación do clima atlántico e do mediterráneo continental.



      A pluviometría media anual non alcanza os 730 mm e a temperatura media é de 12,3 °C.




     A actividade económica céntrase na minería, a industria siderúrxica, a xeración de enerxía e o sector agroalimentario, con produción de froitas, verduras, viños e outros produtos inscritos na denominación de orixe do Bierzo.

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA