FERVENZA DA GRIFA
REGO DAS LAXES
CRISTIMIL
LALÍN
REGO DAS LAXES
CRISTIMIL
LALÍN
As fervenzas do Toxa en Pazos, Escuadro e Grava no municipio de Silleda, teñen replicas no municipio de Lalín.
Sen chegar ao tamaño das de Trasdeza nin en altura nin caudal, merecen ser coñecidas e postas en valor .
Das fervenzas lalinenses a maior de todas elas quizais sexa a que atopamos no río da Laxe, que chimpa a súas augas en cascada enriba do Asneiro entre Bendoiro e Cristimil na paraxe coñecida polos veciños coma A Grifa.
Temos localizadas outras fervenzas de menor tamaño en terras de Vilatuxe e Prado neste municipio de Lalín e algunhas mais noutros da comarca as que en calquera intre habemos dedicar unha reportaxe.
Moi poucos coñecen a fermosa paraxe de ribeira onde se localiza esta fervenza da Grifa. Só algúns troiteiros arriscados se achegan alí na busca dos prezados peixes de río.
Repetimos diante desta fervenza aquela a sensación de cando chegamos por primeira vez a fervenza do Toxa en Pazos nun lonxano día da primavera do 1972 .
Polo camiño de Santiago en Bendoiro e a lagoa de Sello.
O regato da Laxe que ten as súas fontes nas terras de Sello aló co nome de Rego dos Mosqueiros, forma naquela parroquia lalinense unha ampla lagoa nas antigas telleiras un paraxe que merecía unha posta en valor movendo en tempos varios muíños de unha moa por Santiso e Bendoiro onde troca o nome polo da Laxe, lugar que atravesa as veces asolagando a pontella e o vello camiño de peregrinación a Compostela.
Daniel González Alén. (Faro de Vigo Nov. 2016)
VIDEO
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA