sábado, 2 de mayo de 2026

CRUCEIRO DE EIDOS DE ARRIBA - OS EIDOS DE ARRIBA - SELA - ARBO

 CRUCEIRO DE EIDOS DE ARRIBA

OS EIDOS DE ARRIBA

SELA

ARBO

Os Eidos de Arriba
      Os Eidos de Arriba é un lugar da parroquia de Sela, no concello pontevedrés de Arbo, na comarca da Paradanta. 

      Segundo o IGE, en 2022 tiña 96 habitantes (47 homes e 49 mulleres).

Lugares de Sela
      Os Eidos de Abaixo, Os Eidos de Arriba, A Granxa, Rozas, Valiñas

Sela
      Santa María de Sela é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Arbo. 

       Segundo o IGE en 2022 tiña 360 habitantes (178 mulleres e 182 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2012 cando tiña 406 habitantes.

Patrimonio
      Pazo de Sela. 

     No lugar dos Eidos de Arriba está a capela de Santa Isabel, e ao seu carón hai un peto de ánimas. 

      Na mesma aldea, preto da igrexa parroquial, hai un cruceiro.

      Nesta parroquia está a estación de Sela, na liña Monforte de Lemos - Vigo. 

MAPA

  

XOAN ARCO DA VELLA 

PEDRAFITA DO CASAL - CASAL - CAMPOS - MELIDE

 PEDRAFITA DO CASAL

CASAL

MELIDE

Pedrafita do Casal
     A Pedrafita do Casal é un gran megálito, construído en gneis ou ollo de sapo, dunha altura duns 5 m, aínda que á vista só mide 3,5 m.

     Está situado na aldea do Casal, parroquia de Campos, no concello de Melide.

     Foi atopada no 2012 durante a remodelación dun valado. Actualmente está situado na mesma parcela onde foi atopado, a escasos 200 m do castro de Campos. 

      O acceso é doado, xa que se atopa á beira da estrada. 

       Aínda que nun primeiro momento se dubidou se podería trataría dun esteo dunha anta ou monumento similar, hoxe a idea da súa construción como elemento exento parece a máis probable, sendo un dos exemplares de maior envergadura dos megálitos de Galicia. 

Datada sobre 3500 a. C. - 1800 a. C.

VIDEO

 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

PETO DA IGREXA DE SOUTOMAIOR - SOUTOMAIOR

 PETO DA IGREXA

IGREXA DE SOUTOMAIOR

SOUTOMAIOR

   Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...   

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA 


viernes, 1 de mayo de 2026

A ATALAIA OU FORTE DE SAN SALVADOR - MONTERREI

 A ATALAIA

FORTE DE SAN SALVADOR

MONTERREI

      A Atalaia (ou Forte da Atalaia) e o Forte de San Salvador son fortificacións auxiliares situadas nas inmediacións do Castelo de Monterrei, no concello de Monterrei, Ourense.

        Ambas as estruturas foron construídas no século XVII para reforzar a defensa da fortaleza principal fronte aos conflitos con Portugal, especialmente durante a Guerra de Restauración portuguesa.

       Características: É unha pequena torre-fortaleza de planta cuadrangular situada a uns 600 metros ao noroeste do castelo principal. 

      Foi rematada en 1664, como testemuña unha inscrición nun dos seus muros. 

       A súa función era protexer o flanco máis débil da ladeira e asegurar a fonte de auga doce que abastecía o complexo.

      Forte de San Salvador: Situado no Alto de San Salvador, trátase dun fortín cunha estrutura estrelada de cinco baluartes, hoxe en gran parte documentado a través dos seus cimentos e restos arqueolóxicos.

      Contexto Defensivo: Estas fortificacións formaban, xunto co castelo de Monterrei, un "nó defensivo" estratéxico para vixiar a fronteira e previr ataques de artillaría desde os outeiros próximos.

     Localización: Atópanse nun cerro fronte á acrópole de Monterrei, dominando o val do Támega.

     Rutas: Existe unha popular ruta de sendeirismo que conecta o Castelo de Monterrei coa Atalaia e o Alto de San Salvador.

      Contorno: Desde estes puntos obtéñense algunhas das mellores vistas panorámicas da comarca de Verín e da fronteira portuguesa. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE SANTA MARÍA DE LEBOREIRO - LEBOREIRO - MELIDE

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE LEBOREIRO

LEBOREIRO

MELIDE

Igrexa de Santa María de Leboreiro

        A Igrexa de Santa María de Leboreiro, situada no concello de Melide, é unha das xoias arquitectónicas máis significativas do Camiño Francés. 

      Este templo do século XIV destaca por ser un exemplo clave da transición entre o estilo románico e o gótico.

Arquitectura: 

      Presenta unha nave rectangular cun ábsida circular de tradición románica.

Portada principal: 

      O elemento máis distintivo é o seu tímpano, que amosa unha escultura en altorrelevo da Virxe co Neno, flanqueada por dous anxos.

Pinturas murais: 

      No interior consérvanse frescos do século XVI que representan escenas como a flaxelación de Cristo e o martirio de San Sebastián.

Patrimonio do Camiño: 

      Está declarada como Hito Patrimonial do Camiño de Santiago pola súa relevancia histórica e artística na ruta xacobea.Información para visitantes

Localización: 

       Atópase na aldea de O Leboreiro, na etapa que vai de Palas de Rei a Melide.

       Nas proximidades, tamén podes ver o antigo hospital de peregrinos, fundado polos señores de Ulloa no século XV, e un fermoso ponte medieval sobre o río Seco ao saír da aldea. 

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

LENDA DE SANTA MARÍA DE LEBOREIRO - LEBOREIRO - MELIDE

LENDA DE SANTA MARÍA DE LEBOREIRO
LEBOREIRO
MELIDE
 

 A Fonte de Santa María de Leboreiro
       A Fonte de Santa María do Leboreiro, concello de Melide (A Coruña). Sitúase nas proximidades da estrada N-547 (Lugo-Santiago). 

      Sobre ela existe unha lenda relacionada coa Virxe María, máis en concreto cunha imaxe dela que hai no interior da igrexa parroquial. A lenda fai mención a que dita imaxe foi atopada na fonte, e trasladada ata a igrexa. Pero desaparecía da mesma e volvía para a fonte, tantas veces como era retornada ó templo.

       A lenda conta que para evitar que fuxira máis veces, deron en labrar a imaxe da Virxe no tímpano da portada principal, e dende entón xa se quedou definitivamente na igrexa. 

      A imaxe atópase no interior da igrexa parroquial, representando a Virxe sedente co Neno no colo. Está realizada en madeira policromada e datada aproximadamente no século XIV.

      O tímpano da portada principal está feito dunha soa peza, de deseño apuntado (oxival). Representa a Virxe sedente, co Neno no colo, e flanqueada por dous anxos portadores de filacterias e incensarios. Esta figuración tamén parece corresponderse co século XIV.

VIDEO

 

MAPA

 

 Fuente: Web Galiciaencantada.com

XOAN ARCO DA VELLA