CETAREA DA ALTIÑA
LAXE DE CAN
A GUARDA
Construída en pedra, con algunha zona de ladrillo, e situadas na zona entre mareas, o interior está dividido en compartimentos non todos comunicados entre si.
Nas paredes exteriores tiña canalización para o intercambio das augas aproveitando as mareas.
O teito estaba pechado con pedra, tendo trampiñas para o acceso os compartimentos.
Utilizábanse para gardar o marisco, langosta e lumbrigante, pero para o traballo facíase duro e complicado, pois depende das mareas e os temporais.
Das catro do concello da Guarda, é a maior. Construida no 1902, deixouse de utilizar nos anos 70.
Comarca do Baixo Miño
A comarca do Baixo Miño é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Pontevedra e a súa capital é Tui.
Pertencen a ela os concellos da Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.
Xeografía
A comarca do Baixo Miño localízase co océano Atlántico ao oeste e o río Miño ao sueste que lle serve de fronteira natural con Portugal, até a súa desembocadura na Guarda, onde forma un amplo esteiro de importancia ornitolóxica.
VIDEO
MAPA
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA