jueves, 3 de abril de 2025

IGREXA DE SANTA MARÍA MADANELA - MOUGÁN - GUNTÍN

 IGREXA DE SANTA MARÍA MADANELA

MOUGÁN

GUNTÍN

 Mougán
       Santa María Madanela de Mougán é unha parroquia do concello de Guntín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. 

     No ano 2007 tiña 85 habitantes, deles 47 eran homes e 38 eran mulleres, o que supón un aumento de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Historia
     As primeiras noticias sobre esta parroquia aparecen no testamento de Odoario, onde figura como "Santa María de Moucani". No ano 897 outro documento fala da igrexa de "Santa María de Mougani". 

     En 1178, cando Fernando II lle cede "in perpetuum" cinco igrexas á condesa Tareixa en terras de Pallares, cítase a de "Moigae".

Lugares de Mougán
     O Chao do Monte, Mougán, Prados

Guntín
      Guntín é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. O xentilicio é guntinés ou pallarego, que deriva de Terra de Pallares, antiga xurisdición da que Guntín era a capital. 

Xeografía
      O concello, de 156 km², inclúe 32 parroquias. Limita o norte con Friol e Lugo, ao sur con Portomarín, ao leste co Corgo e co Páramo, e ao oeste con Monterroso e Palas de Rei. 

     Está situado a 19 km da capital provincial, coa que se comunica a través da N-540. Está situado a uns 550 m de altitude, na planicie lucense.

      Sitúase no val do curso alto do río Miño, que fai de fronteira polo leste. O río Ferreira fai de límite con Palas de Rei e Portomarín, e a el vai parar o río Levadoiro. Outro afluente do Miño é o río Colmeiro. Todos estes cursos permiten a pesca fluvial.

Patrimonio
      O mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares foi declarado Ben de Interese Cultural o 1 de xuño de 1979. Outros monumentos con esta declaración son o castelo de Besgo, a torre de Francos, a fortaleza da Mota e a torre de Santa Euxea, declaradas o 17 de outubro de 1994.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901