viernes, 4 de abril de 2025

IGREXA DE SANTA MARIÑA - SANTA MARIÑA - COVELO

 IGREXA DE SANTA MARIÑA

SANTA MARIÑA

COVELO

 Santa Mariña de Covelo
      Esta parroquia atópase entre a capital municipal e a parroquia de Paraños . 

      Como puntos de interese atópanse, entre outros, a capela de Baldomar , o cruceiro de Santa Mariña , a igrexa e a Casa Rectoral , que está sendo rehabilitada polo Concello para a creación de instalacións públicas a través da Escola Obradoiro COVELONATURA SOSTIBLE.

     Paga a pena a visita á capela de Santa Cruz de Valdomar e o seu recen restaurado baldaquino barroco como mostra única da imaxinería popular relixiosa.

     Os seus barrios e lugares son: Baldomar, As Barreiras, O Barreiro, Cacharrizo, Cima de Vila, O Coto do Lazo, O Mangón, As Óseas, Outeiro, Pazos Piñoi, Santa Cruz, O Souto, O Toumillo.

Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. 

     A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. 

     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. 

     Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.

MAPA 

 

Fuente: Concello de Covelo

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901