sábado, 5 de abril de 2025

MUIÑO DO COTO - RÍO TEA - MACEIRA - COVELO

 MUIÑO DO COTO

MACEIRA

RÍO TEA

COVELO

Río Tea
     O río Tea é un afluente do río Miño, duns 50 quilómetros de longo, que atravesa a bisbarra do Condado, no sur da provincia de Pontevedra.

Etimoloxía
     Segundo Edelmiro Bascuas o hidrotopónimo "Tea" parte da raíz hidronímica indoeuropea galaica *tekw‑, co significado de ‘fluír’.

Características
     Nace da confluencia de dous brazos, dos cales un nace na parte sur da Serra do Suído, a uns 900 msnm, e outro a 940 msnm no Faro de Avión, no límite entre as provincias de Ourense e Pontevedra.

      Baña os concellos de Covelo, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas e Salvaterra de Miño, onde desemboca no Miño. A súa conca cobre unha área de 411 km².

     O Tea é un río de característico réxime pluvial. 

     O seu caudal medio é de 17,5 m³/s. 

     O seu percurso inicial é encaixado, abríndose xa no val de Mondariz, atravesando logo pola vila de Ponteareas, antes de ir ao Miño.

     Entre os seus afluentes destaca o Alén, pola dereita, que recibe aínda na montaña. Xa no curso baixo úneselle o Uma pola esquerda.

     A meirande parte do río está declarado como zona especial de conservación (ZEC) río Tea, xunto con varios dos seus afluentes, como os ríos Alén, Xabriña ou o rego de Borbén. 

 Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.

     A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.

     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. 

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901