miércoles, 9 de octubre de 2024

CRUCEIRO DA IGREXA DE FIESTRAS - FIESTRAS - SILLEDA

CRUCEIRO DA IGREXA DE FIESTRAS

FIESTRAS

SILLEDA

 Fiestras
     San Martiño de Fiestras é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda.

     Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 127 habitantes (68 mulleres e 59 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 2007 cando tiña 139 habitantes.

Historia
     A antigüidade da parroquia indícasenos polo seu patrón, San Martiño, e polos nomes de lugares como Recimil ou Aragonza, este último relacionado con Aragonta, raíña de Galicia e da familia dos Condes de Deza no século X. 

       A igrexa de San Martiño de Fiestras data cara ao ano 1170. O mosteiro de Aciveiro exercía sobre estas terras o seu poder, concesión do rei Fernando III en 1232, cunha granxa e paneira presidida pola, aínda hoxe existente, Casa do Convento, tamén coñecida como Casa do Arco, no lugar de Maril.

       Da parroquia de Fiestras é o recoñecido pintor José Antonio Fondevila.

Lugares de Fiestras
     Aragonza, Barcia, Costoia, Fiestras, Maril, Marín, Recimil, San Martiño, Santo Antonio

Comarca de Deza
     A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín.

      Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

     A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. 

     O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 8 de octubre de 2024

PETO CRUCEIRO DE SANFINS - SANFINS - VALENÇA DO MINHO

 PETO DE SANFINS

SANFINS

 VALENÇA DO MINHO

    Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.

     Os petos de ánimas son esas pequenas capeliñas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobre ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE SAN ANTONIO - VILAMOURE - SAA - LUGO

 PETO DE SAN ANTONIO

VILAMOURE

SAA

LUGO

    Peto de ánimas con imaxe de San Antonio, que data do ano 1923.

     De planta cuadrangular, recuberto de cachotería pizarrosa e cuxo corpo central é de boas pezas de granito, con cuberta de dobre vertente.

     Está moi coidado e aínda os veciños levan actualmente flores e cirios con bastante frecuencia.

          Está xusto á beira da estrada de Lugo a Portomarín e moi próximo á capela de San Antonio de Vilamoure.

     Xusto á beira esta un fermoso muíño que funciona aínda a dia de hoxe.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 7 de octubre de 2024

IGREXA DE SAN ANDRÉS - MEAUS - TOSENDE - BALTAR - O COUTO MIXTO

 IGREXA DE SAN ANDRÉS

MEAUS

TOSENDE

BALTAR

O COUTO MIXTO

  Meaus
      Meaus é un lugar da parroquia de Tosende no concello de Baltar.

     Tiña 35 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 16 eran homes e 19 mulleres.

     Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010 cando tiña 36 habitantes (18 homes e 18 mulleres).

      Segundo o INE no ano 2007 tiña 38 habitantes (19 homes e 19 mulleres), o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano 2000.

      Xunto cos lugares de Rubiás e Santiago da parroquia de Rubiás dos Mixtos (concello de Calvos de Randín) conformaba ata 1864 o Couto Mixto.

Toponimia

     O topónimo As Maus que aparece no Nomenclátor de Galicia é un erro, pois a forma popular e propia é Meaus.

      O lugar tamén se coñecía como Meaus na época do Couto Mixto e así aparece en moita bibliografía sobre o tema.

     A orixe dun topónimo As Maus habería que procurala nun xentilicio medieval derivado do río Asma, Asmanos. A reinterpretación como un artigo mais un substantivo, As Maus, testemúñase xa dende o século XIII

Tosende

      San Lourenzo de Tosende é unha parroquia do concello de Baltar na comarca da Limia, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 112 habitantes, deles 58 eran homes e 54 eran mulleres, o que supón unha diminución de 28 habitantes en relación ao ano 2000.

Patrimonio
       A igrexa parroquial é do século XVIII. Ao seu redor hai nichos, recolocados logo dunhas obras en 2011.

       Hai un peto de ánimas de 1853, a carón da estrada OU-311. Está estruturado en dous corpos e asentado sobre dúas bancadas. O corpo inferior ten forma de pedestal con plinto e un touro no zócolo, cornixa en gola e dado con inscrición do ano e a expensas de quen se fixo. O corpo superior está rodeado por un bocel e ten fornela de medio punto. A cornixa repousa sobre un arquitrabe intermedio, resaltando os volumes. Na coroa hai o pedestal dunha cruz.

     O lugar das Meaus pertenceu ao Couto Mixto até 1864. Nel hai unha capela.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO EN MEAUS - TOSENDE - BALTAR - O COUTO MIXTO

CRUCEIRO EN MEAUS

MEAUS

TOSENDE

BALTAR

O COUTO MIXTO

Meaus
      Meaus é un lugar da parroquia de Tosende no concello de Baltar.

     Tiña 35 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 16 eran homes e 19 mulleres.

     Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010 cando tiña 36 habitantes (18 homes e 18 mulleres).

      Segundo o INE no ano 2007 tiña 38 habitantes (19 homes e 19 mulleres), o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano 2000.

      Xunto cos lugares de Rubiás e Santiago da parroquia de Rubiás dos Mixtos (concello de Calvos de Randín) conformaba ata 1864 o Couto Mixto.

Toponimia
     O topónimo As Maus que aparece no Nomenclátor de Galicia é un erro, pois a forma popular e propia é Meaus.

      O lugar tamén se coñecía como Meaus na época do Couto Mixto e así aparece en moita bibliografía sobre o tema.

     A orixe dun topónimo As Maus habería que procurala nun xentilicio medieval derivado do río Asma, Asmanos. A reinterpretación como un artigo mais un substantivo, As Maus, testemúñase xa dende o século XIII

Tosende
      San Lourenzo de Tosende é unha parroquia do concello de Baltar na comarca da Limia, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 112 habitantes, deles 58 eran homes e 54 eran mulleres, o que supón unha diminución de 28 habitantes en relación ao ano 2000.

Patrimonio
       A igrexa parroquial é do século XVIII. Ao seu redor hai nichos, recolocados logo dunhas obras en 2011. Hai un peto de ánimas de 1853, a carón da estrada OU-311. Está estruturado en dous corpos e asentado sobre dúas bancadas. O corpo inferior ten forma de pedestal con plinto e un touro no zócolo, cornixa en gola e dado con inscrición do ano e a expensas de quen se fixo. O corpo superior está rodeado por un bocel e ten fornela de medio punto. A cornixa repousa sobre un arquitrabe intermedio, resaltando os volumes. Na coroa hai o pedestal dunha cruz.

     O lugar das Meaus pertenceu ao Couto Mixto até 1864. Nel hai unha capela. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA