RETABLO DE ÁNIMAS
IGREXA DE SAN PEDRO
MUROS
San Pedro de Muros é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Muros.
Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 2.523 habitantes (1.313 mulleres e 1.210 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.902 habitantes.
Patrimonio
A igrexa parroquial é de estilo gótico, e anteriormente coñecíase como a colexiata de Santa María do Campo. Mandouna construír Lope de Mendoza no século XIV, sendo terminada en 1400, segundo a inscrición encravada na porta principal.
Diante da igrexa esténdese un gran adro, onde na Idade Media se reunía o concello que gobernaba a vila.
Consta dunha única e ampla nave dividida en cinco tramos. A capela maior, situada na cabeceira, está cuberta cunha vistosa bóveda de crucería. A nave está cuberta a dúas augas cun teito de madeira, que repousa sobre arcos apuntados.
As capelas laterais foron engadidas nos séculos XV e XVI, e nelas hai diferentes altares con sepulcros medievais. Do templo primitivo consérvase a portada principal de acceso, o rosetón gótico, algúns canzorros e moitos dos signos lapidarios gremiais gravados nos perpiaños.
No exterior ten unha torre campanario barroca, rematada en 1757. Presenta unha balaustrada pétrea no corpo das campás, ademais dun pórtico cuberto situado sobre a entrada principal. A campá máis grande desta igrexa, aínda en uso, foi un regalo de Eugenio Montero Ríos, e foi traída nun carro de vacas. É coñecida como "a campá de Montero".
A imaxe máis venerada na vila é unha imaxe do Cristo da Agonía, unha representación barroca na que se reflicte unha grande expresión de sufrimento.
Encóntrase no altar das Dores e sae en procesión o Venres Santo. Ao parecer encargouna o Gremio dos Mareantes da vila.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA










No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901