CRUCEIRO DE ÁNIMAS DE OUTEIRO
O OUTEIRO
SAN XOSÉ DE RIBARTEME
AS NEVES
Cruz de ánimas cun varal cadrado coas arestas rebaixadas e brazos con tope.
Na intersección da cruz aparece unha inscrición co ano da súa construción: “AS 1854”. Nos brazos outra inscrición di: “LO MANDO SU DEVOCION”.
No varal, moi preto do chan, aparece unha pequena fornela de forma ovalada con dúas ánimas entre as lapas.
A seguinte fornela, protexida cun enreixado de ferro, contén un Cristo de madeira policromada acompañado de dúas figuras que poderían corresponderse coa Virxe e Santo Antonio.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
MAPA
Fuente: Web Patrimonio Galego
Texto: Oscar Franco
XOAN ARCO DA VELLA








No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901