miércoles, 8 de abril de 2026

CRUCEIRO DO CEMITERIO DE LÉREZ - A PIOLLA - LÉREZ - PONTEVEDRA

 CRUCEIRO DO CEMITERIO DE LÉREZ

A PIOLLA

LÉREZ

PONTEVEDRA 

 Cruceiro no cemiterio de Lérez
       Cruceiro situado no cemiterio parroquial de Lérez e integrado nun monumento adicado ao médico Enrique López de la Ballina realizado en con posterioridade ao cruceiro en 1930.

      O cruceiro carece actualmente de plataforma. O baseamento e cúbico coas arestas superiores rebaixadas.

        O varal e oitavado coas a faces lixeiramente acanaladas. 

       No anverso amosa catro santiños: O primeiro por abaixo leva tonsura, viste de hábito franciscano e porta un libro e unha cruz; o segundo viste casulla e porta unha parrilla e un libro (San Lorenzo); o terceiro leva tonsura, viste de hábito e porta un libro e a palma do martirio; o cuarto e superior é unha muller con manto cubríndolle a cabeza e os brazos cruzados sobre o peito (Anunciación).

     O capitel é composto, formado por collarino, motivos vexetais, volutas angulares e equino de lados curvos. As cabezas dos querubíns sitúanse sobre o equino e non entre as volutas como ven sendo habitual nestes capiteles. 

     Polo reverso, no lado da Virxe, temos unha caveira en lugar dun querubín polo que sabemos que o cruceiro foi desmontando nalgún momento, posiblemente para desprazalo ao cemiterio dende a súa ubicación orixinal.

       A cruz e nudosa e amosa un Cristo exento, de tres cravos, coas costas separadas da cruz, baixo cartela de INRI. 

      No reverso, inda que é difícil velo por mor de estar tan preto a estrutura do monumento pódese apreciar un conxunto moito máis elaborado formado por unha Virxe María, na súa advocación de Gloriosa, coroada por dous anxos e co neno Xesús no colo; e un diaño con aspecto de cabrito aos seus pés.

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

Texto: Pablo Eirín 

XOAN ARCO DA VELLA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901