CRUCEIRO DE SANTA MARTA
CAPELA DE SANTA MARTA
VILABOA
Santa Marta
Santa Marta é un lugar da parroquia de Santa Comba de Bértola no concello pontevedrés de Vilaboa, na comarca de Pontevedra.
Segundo o IGE en 2022 tiña 68 habitantes (36 homes e 32 mulleres).
A capela de Santa Marta atópase no lugar de Santa Marta. Marca o final do tramo do camiño portugués en Vilaboa, e é polo tanto un lugar de paso dos peregrinos que fan o camiño de Santiago.
Data do ano 1617, e trátase dun pequeno templo de pedra e teito de madeira restaurado recentemente.
En fronte da capela atopamos un cruceiro moi posterior.
A festividade de Santa Marta ten lugar o 29 de xullo, festexado en Santa Comba de Bértola con diversas actividades lúdicas, ademais das relixiosas
Santa Comba de Bértola
Santa Comba de Bértola é unha parroquia que se localiza no concello de Vilaboa e pertence a diocese de Santiago de Compostela. Segundo o IGE, en 2022 tiña 826 habitantes (384 homes e 442 mulleres). Ten trece entidades de poboación.
Linda co concello de Pontevedra (concretamente coas parroquias da Canicouva, Tomeza e Salcedo), e coa parroquia de Figueirido do propio concello de Vilaboa. Por Bértola pasa a Vía romana XIX, recentemente sinalizada, e o Camiño Xacobeo Portugués.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901