martes, 9 de noviembre de 2021

PETO DOS CAMIÑANTES - AS CORTIÑAS - CARRACEDO - CALDAS DE REIS

 PETO DOS CAMIÑANTES

AS CORTIÑAS

CARRACEDO

CALDAS DE REIS

      Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.


     Os petos de ánimas son esas pequenas capillitas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobre ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo crucificado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 6 de noviembre de 2021

TORRE DE GRADE - GRADE - ARCOS DE VALDEVEZ

TORRE DE GRADE

GRADE

ARCOS DE VALDEVEZ

 Torre de Grade
     A torre tivo a súa orixe no século XV, por orde de Álvaro Pires de Grade, quen a utilizou como residencia.

      De planta cuadrangular, está formada por tres plantas, e as transformacións producíronse no seu interior.

A torre está formada por ameas biseladas colocadas uniformemente para reforzar o carácter militarizado.

    Francisco Pereira de Castro, propietario da Torre no século XVII, realizou outra profunda remodelación da estrutura medieval, ademais de optar por un segundo corpo contiguo ao primeiro.

     Este segundo corpo, de planta rectangular, consta de dúas plantas, sendo a planta baixa destinada a servizos de apoio.

     Á planta superior, correspondente á planta principal, accédese por unha escaleira exterior con garda de ferro.

Clasificación
     Cunha imaxe moi degradada, sinónimo de propiedade privada, está catalogado como Ben de Interese Público.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 5 de noviembre de 2021

O CAMIÑO EN MARCHA - ETAPA PONTEVEDRA / CALDAS DE REIS - AMIGAS E AMIGOS DO CAMIÑO PORTUGUÉS

 O CAMIÑO EN MARCHA

ETAPA PONTEVEDRA A CALDAS DE REIS

AMIGAS/OS DO CAMIÑO PORTUGÉS

       O pasado domingo día 23 de Maio, un grupo moi numeroso pertencentes á Asociación dás Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago volveron á ruta Xacobea para iniciar a súa tradicional peregrinación de todos os Anos Santos, dende Porto a Santiago de Compostela, con este, xa son cinco.

     O Domingo día 31 de Outubro tocou a etapa Redondela a Pontevedra, da que ahora compartimos algunhas imexes de ese día, espero que disfrutedes con elas.

     Ao longo dos proximos dias iremos compartindo as diferentes etapas que este grupo da Asociación das Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago, esta realizando.

       Despois do paron provocado pola pandemia este ano pódese, e de feito xa son moitos os peregrinos que percorren os Camiños e no Portugues tiven a ocasion de ver moitos, a pesares da choiva.

     Quero agradecer a Asociación das Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago a atencion que teñen sempre con nos,  en particular ao seu presidente Tino Lores e a Pilar Amaro que en todo momento estan atentos o que necesitamos.

     Esta é unha iniciativa aberta, polo que poden participar todas as persoas que o desexen, podendo unirse á mesma en calquera momento, e podo asegurar que todos e todas seran ben recibidos

     Nesta ocasion puden asistir personalmente e quedei sorprendido dos milleiros de persoas que percorren o Camiño.

     O proximo Domingo 7 de Outubro estaremos facendo a etapa Caldas de Reis a Padrón e xa iredes vendo imaxes dese día

Camiño Portugués
      Coñécese como Camiño Portugués, ou máis concretamente Camiño Portugués Central (para unha mellor distinción dos demais), o camiño xacobeo que une Lisboa con Santiago de Compostela.

     O seu percorrido debuxa unha liña de sur a norte, que dende a capital lusa pasaría por Santarém, Coimbra, Porto, Barcelos, Ponte de Lima, Valença do Minho, Tui, Pontevedra e Padrón.

     Utilizado xa dende a Idade Media, foi sempre un dous máis importantes camiños de Santiago e na actualidade é o segundo camiño en número de peregrinos, só superado polo Camiño Francés.

     Aínda que este é o máis coñecido e utilizado, hai moitos outros camiños de Santiago en Portugal.

     Dende fai anos estanse recuperando antigas rutas, aínda que a maioría serían afluentes ou variantes do Camiño Central: a máis frecuentada é Camiño Portugués dá Costa, que ten o seu punto de inicio en Porto e segue un itinerario próximo ao mar; dende a mesma cidade tamén pode tomarse unha alternativa "por agora minoritaria" como é a variante de Braga; outro ramal arrincaría  sur, dende Faro e a rexión do Algarve, aínda que presenta tramos aína sen sinalizar, e queagardamos  permita percorrer o país dun extremo a outro.

    A estas rutas xacobeas cabo engadir outras polo interior de Portugal, tales como o interesante Camiño Portugués Interior (que parte de Farminhãou-Viseu e segue por Lamego e Chaves cara a Verín, onde une á variante sanabresa dá Vía dá Prata), ou Camiño Zamorano-Portugués ou de Soutochao (que sae de Zamora e segue por Bragança cara a Chaves) ou Camiño Torres (desde Salamanca cara a Braga)

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 4 de noviembre de 2021

PETO DE SAN XURXO - A MARIÑA - SALCEDA DE CASELAS

PETO DE SAN XURXO

A MARIÑA

SALCEDA DE CASELAS

     Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.


     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.


     Os petos de ánimas son esas pequenas capillitas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobre ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo crucificado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA



lunes, 1 de noviembre de 2021

DOLMEN FORNO DOS MOUROS - A MURUXOSA - PARADELA - TOQUES

 DOLMEN FORNO DOS MOUROS

A MURUXOSA

PARADELA

TOQUES

Forno dos Mouros
     O Forno dos Mouros é un dolmen datado no 3.000 antes da era actual.

     Está situado no lugar da Muruxosa (Paradela, Toques), na serra do Bocelo, preto do Camiño Real.

     Foi escavado por Jacobo Vaquero, da Universidade de Santiago de Compostela, entre 1987 e 1989. 

     Ten cámara poligonal composta de sete ortóstatos e corredor de dous tramos.

     No interior apareceron restos de pintura vermella e negra sobre unha base branca, en forma de zig-zags.

     No verán de 2009 un equipo do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) estivo a traballar na consolidación do dolmen quitando as vigas de ferro que sostiñan a lousa do teito.

     Ó mesmo tempo, un equipo da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, dirixido por Fernando Carrera, documentou as pinturas e dirixiu o seu tapado. 

     O principal propósito da intervención conxunta era a mellora das condicións de conservación do monumento, especialmente para garantir a preservación futura das pinturas.

     Foi declarado Ben de Interese Cultural en 2011.  

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA