lunes, 4 de mayo de 2020

NAO VICTORIA - PORTO DE SANXENXO

 NAO VICTORIA
PORTO DE SANXENXO



Nao Victoria
   A Victoria foi unha nao ou carraca construída no século XVI pola monarquía hispana para a navegación oceánica.


     A Victoria foi a primeira nave en circunnavegar a terra. 


     Foi construída para a chamada «Armada da especiería» ou «Armada de Magallanes» sendo o único navío que deu a volta ao mundo (1519-1522) ao mando de Juan Sebastián Elcano.


Descrición    
     A nao Victoria armouse nos estaleiros de Zarautz (País Vasco).


     Non queda documentación do estaleiro nin da súa construción ou planos.


     O nome vén da igrexa de Santa María da Victoria de Triana (Sevilla).


     Alí foi onde Fernão de Magalhães xurou servizo ao rey Carlos I.


     Tiña unha capacidade de carga de 85 toneis viscaínos (102 toneladas).


     Tivo un custo de 300 000 marabedís, incluíndo o bote e o aparello.​


No inicio da expedición contaba cunha tripulación de 45 homes
     9 oficiais, 11 mariños, 3 artilleiros, 10 grumetes, 2 paxes e outros 10 homes máis entre criados do capitán e outros viaxeiros. 

MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube


XOAN ARCO DA VELLA

PADERNE - MEIRAOS - FOLGOSO DO COUREL

 PADERNE 
MEIRAOS
FOLGOSO DO COUREL


Paderne
     Paderne é un lugar da parroquia de Meiraos, no concello lucense de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga. 


     Tiña 37 habitantes no ano 2016 segundo datos do INE, dos cales 17 eran homes e 20 eran mulleres.


Meiraos
     Santa María de Meiraos é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. 
 

     Segundo o IGE en 2016 tiña 123 habitantes, deles 62 eran mulleres e 61 eran homes, o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 188 habitantes.


Lugares de Meiraos
     O Mazo, Meiraos, Miraz de Abaixo, Miraz de Arriba, Paderne, Pedrafita do Courel, Vilasibil



Folgoso do Courel
     Folgoso do Courel é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga.
 

     O seu xentilicio é «courelao».


Poboación
     Censo total     1.089 (2015)


Xeografía
     A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo, que se estende tamén polos concellos de Quiroga e Pedrafita do Cebreiro. 


     Ten uns 212 km², con fortes variacións de altitude, desde os 400 m no val do río Lor aos 1.600 m en picos como Montouto, Formigueiros (1.643 m) ou Pía Páxaro (1.610 m). 


     O río Lor e varios afluentes seus forman ricos vales con diversos ecosistemas, que fan desta serra a reserva botánica máis importante de Galiza.


Patrimonio natural
     Folgoso do Courel ten unhas paraxes naturais de alto valor no eido da espeleoloxía.


     A sima de Aradelas está na localidade de Campelo (a 9 km de Seoane), e con 128 metros é a cova máis profunda de Galicia. A cova de Tralacosta ten salas subterráneas con estalactitas e estalagmitas. A cova da Ceza encóntrase en Noceda (a 8 km de Seoane) e ten uns 680 metros de lonxitude, con grandes salas comunicadas por pasos estreitos a través dos que flúe un rego procedente dunha lagoa de 25 metros de profundidade localizada ao final. A Buracada das Choias está en Visuña (a 15 km de Soeane), e ten un percorrido de 30 metros por unha única galería. A cova do Oso está en Moreda, aos pés duns resaltes rochosos. Ten interese arqueolóxico, pois nela atopáronse restos de cerámica. A cova de Teixeira, de gran profundidade, está no lugar da Poza.


Patrimonio arqueolóxico
     No concello hai diversos restos de poboados castrexos. No castro de Vilar destacan as súas murallas defensivas. Nel atopáronse restos de cerámica. O castro da Torre está próximo á localidade de Sobredo. O castro de Miraz ten unhas murallas de grande altura e no seu interior foron atopadas numerosas sepulturas. O castro de Torexe está en Visuña. No catastro de Ensenada dise que era onde se reunía a xustiza ordinaria da comarca.


     Da época da romanización de Galicia consérvase a Tabula Hospitalis, unha peza de bronce atopada no Carbedo cun texto en latín consistente nun pacto entre o seurro Tilego, fillo de Ambato, e os lougeis do castellum Toletensis con autorización das autoridades romanas.


 Parroquias de Folgoso do Courel   
     Esperante (San Pedro), Folgoso do Courel (Santa María), Hórreos (San Pedro), Meiraos (Santa María), Noceda (San Pedro), Seceda (San Silvestre), Seoane do Courel (San Xoán), Vilamor (San Vicente), Visuña (Santa Eufemia)


Comarca de Quiroga
     A Comarca de Quiroga é unha comarca galega situada no sueste da provincia de Lugo, na fronteira coa comunidade de Castela e León. 
 

     A súa capital é Quiroga e pertencen a ela os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

CAPELA DE SAN MIGUEL - MAZO SANTIGOSO - VILAMOR - FOLGOSO DO COUREL

CAPELA DE SAN MIGUEL
MAZO SANTIGOSO
VILAMOR
FOLGOSO DO COUREL


Mazo Santigoso
      Mazo Santigoso é unha aldea da parroquia de Vilamor, no concello lugués de Folgoso do Courel. Está situada a 600 metros de altitude, na serra do Courel, no límite co concello de A Pobra do Brollón.


     En 2008 tiña unha poboación de 11 habitantes (8 homes e 3 mulleres). Está xunto ó Regueiro do Mazo.


Vilamor
     San Vicente de Vilamor é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. No ano 2007 contaba con 156 habitantes, deles 86 eran homes e 70 eran mulleres.


Lugares da parroquia de Vilamor
     A Campa, Carballal, Castro Portela, Froxán, Mazo Santigoso, Vidallón, Vilamor, Vilar


Folgoso do Courel
     Folgoso do Courel é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga. O seu xentilicio é «courelao».


Poboación
     Censo total     1.089 (2015)


Xeografía
     A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo, que se estende tamén polos concellos de Quiroga e Pedrafita do Cebreiro. Ten uns 212 km², con fortes variacións de altitude, desde os 400 m no val do río Lor aos 1.600 m en picos como Montouto, Formigueiros (1.643 m) ou Pía Páxaro (1.610 m). O río Lor e varios afluentes seus forman ricos vales con diversos ecosistemas, que fan desta serra a reserva botánica máis importante de Galiza.


Patrimonio natural
     Folgoso do Courel ten unhas paraxes naturais de alto valor no eido da espeleoloxía.
     A sima de Aradelas está na localidade de Campelo (a 9 km de Seoane), e con 128 metros é a cova máis profunda de Galicia. A cova de Tralacosta ten salas subterráneas con estalactitas e estalagmitas. A cova da Ceza encóntrase en Noceda (a 8 km de Seoane) e ten uns 680 metros de lonxitude, con grandes salas comunicadas por pasos estreitos a través dos que flúe un rego procedente dunha lagoa de 25 metros de profundidade localizada ao final. A Buracada das Choias está en Visuña (a 15 km de Soeane), e ten un percorrido de 30 metros por unha única galería. A cova do Oso está en Moreda, aos pés duns resaltes rochosos. Ten interese arqueolóxico, pois nela atopáronse restos de cerámica. A cova de Teixeira, de gran profundidade, está no lugar da Poza.


Patrimonio arqueolóxico
     No concello hai diversos restos de poboados castrexos. No castro de Vilar destacan as súas murallas defensivas. Nel atopáronse restos de cerámica. O castro da Torre está próximo á localidade de Sobredo. O castro de Miraz ten unhas murallas de grande altura e no seu interior foron atopadas numerosas sepulturas. O castro de Torexe está en Visuña. No catastro de Ensenada dise que era onde se reunía a xustiza ordinaria da comarca.


     Da época da romanización de Galicia consérvase a Tabula Hospitalis, unha peza de bronce atopada no Carbedo cun texto en latín consistente nun pacto entre o seurro Tilego, fillo de Ambato, e os lougeis do castellum Toletensis con autorización das autoridades romanas.


 Parroquias de Folgoso do Courel   
     Esperante (San Pedro), Folgoso do Courel (Santa María), Hórreos (San Pedro), Meiraos (Santa María), Noceda (San Pedro), Seceda (San Silvestre), Seoane do Courel (San Xoán), Vilamor (San Vicente), Visuña (Santa Eufemia)


Comarca de Quiroga
     A Comarca de Quiroga é unha comarca galega situada no sueste da provincia de Lugo, na fronteira coa comunidade de Castela e León. A súa capital é Quiroga e pertencen a ela os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.


VIDEO
VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 3 de mayo de 2020

PAZO DO CUADRANTE - CASA MUSEO DE VALLE INCLÁN - VILANOVA DE AROUSA

PAZO DO CUADRANTE
CASA MUSEO DE VALLE INCLÁN
VILANOVA DE AROUSA


Pazo de O Cuadrante
     Pazo galego do século XIX onde naceu o escritor Ramón María del Valle Inclán, de tipoloxía pacega ou de casa grande urbana, composto de dous pisos. 



      No primeiro sitúase a exposición permanente sobre a vida e a obra do autor e de documentos orixinais e primeiras edicións do autor, e na primeira planta albérgase a casa, recreada ó estilo dun fogar típico do século XIX. 


     Tras sufrir un incendio en 1994 foi adquirida polo Concello de Vilanova de Arousa, habilitando casa-museo actual. 


     A visita inclúe, ademais da exposición e a casa, un percorrido polo xardín, declarado Xardín de Camelias 



Características
     Cronoloxía Finais do século XVIII ou principios do século XIX



    Organismo responsable: 
     Concello de Vilanova de Arousa
    Propiedade: 

     Pública
    Duración da visita: 

     30 min aproximadamente
    Estilo Arquitectónico: 

     Popular
    En uso: 

     Sí
    Interés Paisaxístico: 

     Elevado
    Descrición do ámbito: 

     Urbano


Prezos
     Prezos Tarifa xeral: 3 €. Tarifa reducida (de 12 a 18 anos, maiores de 65 e pensionistas): 1,5 €. 



     Entrada gratuíta para menores de 12 anos, residentes e empadroados na localidade


    Descontos a nenos: 
     Sí
    Descontos a grupos: 

     Sí
    Descontos a terceira idade: 

     Sí


Acesos
    Accesos a pe: 

     Sí
    Os acesos o recurso están adaptados para personas con discapacidade: 

     Sí
    As infraestructuras do recurso están adaptadas para personas con discapacidade: 

     Sí
    Acesos para vehículos privados: 

    


Horarios

    Temporada día comenzo: 16/09/2014
    Temporada día fin: 14/06/2015
    Horario de apertura dende: Martes
    Horario de apertura ata: Domingo
    Hora Apertura mañan: 10:00
    Hora peche mañan: 14:00
    Hora Apertura tarde: 16:30
    Hora peche tarde: 19:30



    Temporada día comenzo: 15/06/2013
    Temporada día fin: 15/09/2013
    Horario de apertura dende: Martes
    Horario de apertura ata: Domingo
    Hora Apertura mañan: 10:00:00
    Hora peche mañan: 14:00:00
    Hora Apertura tarde: 17:30:00
    Hora peche tarde: 21:30:00


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Web turismoriasbaixa
XOAN ARCO DA VELLA