viernes, 12 de mayo de 2017

ESPANTALLOS DO RÍO BARBEIRA - 2017

 ESPANTALLOS DO RÍO BARBEIRA - 2017
RUTA DO RIO BARBEIRA
A LAMA


      Un año más, y ya son siete ediciones, la ruta del río Barbeira se engalanará de Espantallos.


     La edición de este año será a partir del diecisiete de mayo hasta mediados del mes de junio.


     Los Espantallos estraran colocados en el tramo de ruta que va desde O Verdugo hasta San Lourenzo, aproximadamente cuatro kilómetros.


     Este año un jurado formado por las siguientes personas relaccionadas con el mundo de la cultura y una fuerte presensia en las redes sociales :
     Sabela Ruibal, profesora
     Paloma Martínez, maestra
     Carmen Penim, música
     Chus Vázquez, pintora
     Toni Vidal, fotógrafo
     Lupe Vidal, industrial
     Mari Fernández, florista
     Xoán Arco da Vella, bloguer



     El jurado valorará en tres categorias, los espantapájaros que prensenten los centros educativos, como también premiara en las categorías tradicional y libre, valorándose más la categoría tradicional que estara dotada con premios de mayor cuantía 


    La entrega de premios será el sabado diez de junio que se celebrará en la aldea de do Peso dentro de la fiesta de la Ruta del Río Barbeira.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 11 de mayo de 2017

VILAR DO ROBLEDO - SANTALLA - SAMOS

 VILAR DO ROBLEDO
SANTALLA
SAMOS
LUGO


Santalla
     San Xosé de Santalla é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 68 habitantes (34 homes e 34 mulleres), 3 menos ca no ano anterior.



Patrimonio
     A Cova Grande é un espazo xeolóxico con estalagmitas e estalactitas. No ano 2007 sofreu unha agresión.
     No río Lóuzara existe unha piscifactoría adicada á cría do salmón atlántico.
     O 16 de agosto celébrase a romaría de San Roque.



Lugares de Santalla
     Casares, A Casela, Gamiz, Parada, Santalla, Vilar do Robledo



Samos
     Samos é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.458 habitantes (1.820 no 2006, 1.897 no 2005, 1.923 no 2004, 1.999 no 2003). O seu xentilicio é samanense.



     Limita ao norte co concello de Láncara; ao sur cos do Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón; ao leste cos de Triacastela, Pedrafita do Cebreiro e Folgoso do Courel e ao oeste cos de Sarria e O Incio. Pertence ao partido xudicial de Sarria e á diocese de Lugo.



     Samos atópase nas estribacións das serras orientais de Galiza, montes de Lóuzara, Serra do Oribio e Montes da Albola. O relevo é moi accidentado; a altitude media é superior aos 700 m. e máxima está no Oribio, a 1.443 m. O río Sarria, afluente do Miño, drena a vertente occidental e polo leste baixa o río Lóuzara cara o Lor e posteriormente o Sil. Poden apreciarse tres zonas ben diferenciadas: a central, zona de asentamento das poboacións máis importantes; a zona norte, máis aberta e con terras en pendente e suaves lombas, e Lóuzara, a zona sur, cunha paisaxe bravía chea de montañas e vales.


      A oscilación térmica é grande, uns 13 °C: o clima é frío no inverno e xea con frecuencia. As precipitacións van desde os 900 aos 1.500 mm.


      O concello esténdese sobre 136 km² e a cidade máis próxima é Lugo, a 43 km.


Historia
     Da época do megalitismo consérvase a necrópole de Santa Mariña, un conxunto de corenta mámoas declarado Ben de Interese Cultural.



     En época visigoda Martiño de Dumio fundou o mosteiro, ao que está ligada toda a historia de Samos. O nome provén de Samanos, que posibelmente fai referencia a un lugar habitado por unha comunidade relixiosa. O mosteiro abandonouse brevemente arredor do ano 714 até que Froila I llo asignou ao abade Arxerico. Nel pasou a súa adolescencia o futuro rei Afonso II o Casto após o asasinato do seu pai, Froila I, no ano 768.


     Os dominios do mosteiro fóronse ampliando, especialmente desde que o papa Alexandre III lle concedeu unha bula no ano 1175 outorgándolle dereitos e rendas sobre 105 igrexas de todo o reino. Nos séculos XVII e XVIII leváronse a cabo numerosas obras nel, dándolle a súa arquitectura actual.


Economía
     Desde comezos do século XX, Samos perdeu o 70% da súa poboación, especialmente entre 1940 e 1980. O 85% dedícase á agricultura, fundamentalmente a gandería, con vacas e tamén porcos e ovellas.
Patrimonio histórico e artístico



     Desde hai tempo, moitos peregrinos desvíanse do camiño de Santiago entre Triacastela e Sarria para visitar o Mosteiro de San Xulián de Samos.


     Próxima a este está a capela do Salvador, construída a finais do século IX con influencia mozárabe.



Festas e celebracións
    San Bieito, o 11 de xullo
    Santa Basilisa, patroa do mosteiro, o 9 de xaneiro.
    Romaría de San Roque, en Santalla, o 16 de agosto.



Parroquias de Samos    
     Castroncán (Santa Marta), Estraxiz (Santiago), Formigueiros (Santiago), Freixo (San Silvestre), Frollais (San Miguel), Gundriz (Santo André), Loureiro (Santa María), Lousada (San Martiño), Montán (Santa María), Pascais (Santalla), Reiriz (Santo Estevo), Renche (Santiago), Romelle (San Martiño), Samos (Santa Xertrude), San Cristovo de Lóuzara (San Cristovo), San Cristovo do Real (San Cristovo), San Mamede do Couto (San Mamede), San Martiño do Real (San Martiño), San Xil de Carballo (San Xil), San Xoán de Lóuzara (San Xoán), Santalla (San Xosé), Suñide (Santa María), Teibilide (San Xulián), Zoó (Santiago)



Comarca de Sarria
Poboación  
     23.720 hab. (2014)
Densidade  
     28,36 hab./km²



Concellos  
     O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria, Triacastela



     A comarca de Sarria é unha comarca galega situada na metade sur da provincia de Lugo. Limita polo noroeste coa comarca de Lugo, polo nordeste coa dos Ancares, polo sueste coa de Quiroga, polo oeste coa de Chantada e polo sur coa Terra de Lemos.


     A capital da comarca, así como o núcleo máis poboado, é Sarria.

 MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

SANTA MARIÑA - O INCIO - LUGO

 SANTA MARIÑA
SANTA MARIÑA DO INCIO
O INCIO
LUGO


Santa Mariña do Incio
     Santa Mariña do Incio é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. 



     No ano 2007 tiña 45 habitantes, deles 23 eran homes e 22 eran mulleres, o que supón un incremento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.


Lugares de Santa Mariña do Incio   
     O Escairo, Fontes, A Lama, O Lugar de Abaixo, Martín, Montemeán, O Pereiro, Río, Santa Mariña



O Incio
     O Incio é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE no 2014 tiña 1.797 habitantes (2.236 no 2006, 2.297 no 2005, 2.358 no 2004, 2.406 no 2003).



Demografía

Censo total   
     1.797 (2014)



     Ten unha superficie de 143 km². Limita ao norte con Sarria e Samos, ao sur con Bóveda e A Pobra do Brollón, ao leste con Samos e ao oeste con Paradela e Bóveda.



     No concello do Incio está o encoro de Vilasouto, que subministra auga a toda a zona do Val de Lemos.



Montes:
     Monte da Serna, Serra do Endrano, Monte de Grámea, Óutara, Pena Redonda, Monte da Pelada, Monte das Carballas, Alto de Balbón, As Forcadas, Alto de Santa Bárbara, Alto da Lama, Monte Matanza, Monte das Cozas, Modorriñas (1.162 m) e Monte das Pías (1.131 m).



Ríos:
     Cabe, Mao, Antiga, Cereixido, Carballedo, Teimoy, Castro, Penalva, Riveira, Boqueira e Oporto.



Regatos:
     Vado, Fontán, Cebedozo, Regato da Ribeira (nace na fonte de Penedo Grande, preto do Foxo dos Lobos, na ladeira norte do Alto de Santa Barbara) , San Miguel,Trasadehesa, Lameiro, Anduriñas, Pozo Verde, Chao de Pías, Pena Maior, Geda, Muiña, Rivado, Freiseiro e Nogueirido.



Precipitacións:
     1.000 mm./anuais (zona occidental) e 1.400 mm./anuais (zona oriental).



Temperatura media anual:
     12 °C (zona occidental) e 9 °C (zona oriental).



Patrimonio
     Da época do megalitismo consérvase a necrópole de Santa Mariña, un conxunto de corenta mámoas declarado Ben de Interese Cultural.



     Hai petróglifos e castros en Goó, Santa Cristina do Viso, A Cruz do Incio, Trascastro e Vilasouto.



    Toldaos en Santa María de Rendar
    A Medorra do Castro en Mao
    Castros de Lebon e O Castro (Reboiro)
    Castro de Belesar (Vilasouto)
    Pedra de San Mamede e Pena Escrita (Trascastro)
    Pena da Escrita (Rendar)
    Agro do Pepe, Penedo da Ferradura (Vilasouto)
    Castro de Santa Icía (Pacios)



     Da idade media destaca a igrexa de San Pedro Fiz, templo parroquial do Hospital, de arquitectura románica.



Prensa
    En 1931 editábase no Incio o semanario Siembra.



Festividades
    San Eufrasio, romaría que se celebra na parroquia de Santa María do Mao o 15 de maio, na honra de santo Eufrasio que foi un bispo de Xaén que se adicou a evanxelizar Hispania e que morreu como mártir. Segundo a tradición os seus restos foron trasladados a Mao por mor da invasión musulmá no ano 716. Hoxe en día son moitos os devotos que acoden o 15 de maio a pedirlle favores ao santo.
    Santa Lucía, na Cervela.
    San Xoán, celébrase o 24 de xuño en Sirgueiros.



Comarca de Sarria
Poboación   
     23.720 hab. (2014)
Densidade   
     28,36 hab./km²



Concellos   
     O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria, Triacastela



     A comarca de Sarria é unha comarca galega situada na metade sur da provincia de Lugo. Limita polo noroeste coa comarca de Lugo, polo nordeste coa dos Ancares, polo sueste coa de Quiroga, polo oeste coa de Chantada e polo sur coa Terra de Lemos.



     A capital da comarca, así como o núcleo máis poboado, é Sarria.



Parroquias do Incio   
     Bardaos (San Xoán), Castelo de Somoza (San Tomé), A Cervela (San Cristovo), Covela (San Pedro), Eirexalba (Santo Estevo), Foilebar (Santa María), Goó (Santa María), O Hospital (San Pedro Fiz), O Incio (Santa Cruz), Laiosa (San Martiño), Noceda (San Xoán), Pacios (Santa María), Reboiro (Santa María), Rendar (Santa María), Rubián de Cima (San Vicenzo), San Pedro do Incio (San Pedro), San Román do Mao (San Román), San Salvador do Mao (San Salvador), Santa María do Mao (Santa María), Santa Mariña do Incio (Santa Mariña), Santalla de Bardaos (San Xulián), Sirgueiros (San Xoán), Toldaos (Santiago), Trascastro (Santalla), Vila de Mouros (San Miguel), Vilarxoán (San Lourenzo), Vilasouto (San Mamede), O Viso (Santa Cristina)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA