IGREXA DE POBOEIROS
POBOEIROS
CASTRO CALDELAS
Poboeiros
San Xoán de Poboeiros é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense.
No ano 2007 tiña 73 habitantes, deles 37 eran homes e 36 eran mulleres, o que supón unha diminución de 8 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Lugares da parroquia de Poboeiros
Aguil, Airavedra, Alenza, As Barreiras, Casguil, Castomás, O Outeiriño, O Pacio
Castro Caldelas
Castro Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca da Terra de Caldelas.
Segundo o padrón municipal en 2019 tiña 1.224 habitantes. O seu xentilicio é «caldelao».
Ten 16 parroquias e 86 entidades de poboación, e forma parte da Ribeira Sacra. Está situado no derramo setentrional do gran nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa no macizo Central Ourensán.
Xeografía
Está situado no derramo setentrional do nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa, dentro da área denominada Ribeira Sacra.
O río Sil constitúe a fronteira natural coa provincia de Lugo mentres o río Edo, afluente do Sil, baña a metade occidental do municipio. O punto máis elevado é o de Pena da Cruz (1289 m).
O terreo caracterízase pola alternancia de bosques de carballos e castiñeiros, sobre todo ó norte. As terras adicadas ó cultivo son escasas, abundando os prados. O chan produtivo representa só unha cuarta parte, grazas ó predominio de pendente e solo rochoso.
Parroquias de Castro Caldelas
Alais (San Pedro), O Burgo (San Pedro), Camba (San Xoán), Castro Caldelas (San Sebastián), Folgoso (Santiago), Mazaira (Santa María), Paradela (San Vicenzo), Pedrouzos (San Mamede), Poboeiros (San Xoán), San Paio de Abeleda (San Paio), Santa Tegra de Abeleda (Santa Tegra), Sas de Penelas (San Fiz), Trabazos (Santa Olaia), Tronceda (Santiago), Vilamaior de Caldelas (Santa María), Vimieiro (San Xoán)
Comarca da Terra de Caldelas
A comarca da Terra de Caldelas é unha comarca galega situada no norte da provincia de Ourense. Pertencen a ela os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil e A Teixeira.
Demografía
A comarca de Terra de Caldelas contaba en 2020 cunha poboación de 2.764 habitantes.
A poboación menor de 15 anos era o 4,09% do total, o que representa uns niveis moi baixos en relación á media de Galicia (12,55%), mentres que pola outra banda o 45,22% contaba con máis de 65 anos, o que deixa unha poboación en idade de traballar dun 50,69%.
A idade media da poboación en 2020 era de 59,54 anos, que supera amplamente a media galega (47,48 anos).
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA