CALLEJEANDO EN MEAUS
TOSENDE
BALTAR
O COUTO MIXTO
Meaus
Meaus é un lugar da parroquia de Tosende no concello de Baltar.
Tiña 35 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 16 eran homes e 19 mulleres.
Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010 cando tiña 36 habitantes (18 homes e 18 mulleres).
Segundo o INE no ano 2007 tiña 38 habitantes (19 homes e 19 mulleres), o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano 2000.
Xunto cos lugares de Rubiás e Santiago da parroquia de Rubiás dos Mixtos (concello de Calvos de Randín) conformaba ata 1864 o Couto Mixto.
Toponimia
O topónimo As Maus que aparece no Nomenclátor de Galicia é un erro, pois a forma popular e propia é Meaus.
O lugar tamén se coñecía como Meaus na época do Couto Mixto e así aparece en moita bibliografía sobre o tema.
A orixe dun topónimo As Maus habería que procurala nun xentilicio medieval derivado do río Asma, Asmanos. A reinterpretación como un artigo mais un substantivo, As Maus, testemúñase xa dende o século XIII
Tosende
San Lourenzo de Tosende é unha parroquia do concello de Baltar na comarca da Limia, na provincia de Ourense.
No ano 2007 tiña 112 habitantes, deles 58 eran homes e 54 eran mulleres, o que supón unha diminución de 28 habitantes en relación ao ano 2000.
Patrimonio
A igrexa parroquial é do século XVIII. Ao seu redor hai nichos, recolocados logo dunhas obras en 2011.
Hai un peto de ánimas de 1853, a carón da estrada OU-311. Está estruturado en dous corpos e asentado sobre dúas bancadas. O corpo inferior ten forma de pedestal con plinto e un touro no zócolo, cornixa en gola e dado con inscrición do ano e a expensas de quen se fixo. O corpo superior está rodeado por un bocel e ten fornela de medio punto. A cornixa repousa sobre un arquitrabe intermedio, resaltando os volumes. Na coroa hai o pedestal dunha cruz.
O lugar das Meaus pertenceu ao Couto Mixto até 1864. Nel hai unha capela.
Comarca da Limia
A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia.
A ela pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901