IGREXA DE SANTA MARIÑA DA CIDÁ
A CIDÁ
O IRIXO
A Cida
Santa Mariña da Cidá é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.
No ano 2007 tiña 70 habitantes, deles 33 eran homes e 37 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.
Patrimonio
A igrexa parroquial é de finais do século XVIII, se ben foi modificada en reformas posteriores. A nave ten tres corpos separados por arcos de medio punto. A capela maior ten dous arcos laterais, antigamente capelas de seu. 0 arco da dereita abriuse para dar paso á sancristía en 1843, sendo párroco Antonio Lence.
A fachada é lisa, con espadanas de dous ocos para campás.
Ten unha porta no lado sur e unha ventá circular con motivos decorativos na base. O altar foi feito en 1967, adaptado á nova liturxia tralo Concilio Vaticano II.
O retablo maior ten trazos manieristas do século XVI nas pezas e a organización do ático, de estilo rococó (século XVIII) no corpo e predominio neoclásico (finais do XVIII e comezos do XIX) nas columnas. Ten imaxes de Cristo crucificado e de Santa Mariña do século XVIII. O retablo colateral esquerdo é neoclásico, coas imaxes de San Roque, a Virxe do Carme e Santo Antón. Hai unha pequena talla de pedra en vulto redondo representando unha muller sentada, coñecida como A Dama da Cidá, de finais do século XIX ou comezos do XX.
Hai un copón do século XVI, unha custodia tipo sol de prata do século XVIII, e varios cálices de prata lisos dos séculos XVIII e XIX.
No adro hai varios panteóns en pedra. Nun deles repousan os restos de Emilio Duro Peña, que foi arquiveiro da Catedral de Ourense.
Xunto á igrexa hai un cruceiro, de comezos do século XX, con labra acanalada no fuste.
No lugar de Orros hai unha ermida adicada á Nosa Señora de Lourdes, do século XX.
Lugares da Cidá
Os Casares, Nabás, Orros, Paredes, Valdesoiro
Comarca do Carballiño
A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense.
Toma o nome da súa vila principal.
Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901