domingo, 13 de octubre de 2024

IGREXA DE SANTA MARÍA DE XESTOSO - XESTOSO - SILLEDA

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE XESTOSO

XESTOSO

SILLEDA

Xestoso
      Santa María de Xestoso é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Silleda na comarca de Deza. 

 

     Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 61 habitantes (35 mulleres e 26 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 79 habitantes.

       No límite da parroquia cos concellos de Forcarei e A Estrada están situadas as Brañas de Xestoso, espazo natural protexido.

Historia
      O seu topónimo procede do latín GENISTOSUM, 'lugar onde abundan as xestas'. Ata o século XII a actual freguesía de Xestoso estaba baixo o dominio da parroquia de Escuadro, ata que no século XVII pasou a ser parroquia baixo a advocación de Santa María.

     Fálase da existencia dun antigo enclave castrexo coñecido como a Eira dos Mouros.

Lugares de Xestoso
   Fontefría, Fontelas, Reigosa, Río, Xestoso

Comarca de Deza
     A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. 

      Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. 

     A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

Xeografía

      A comarca de Deza vén coincidir co centro xeográfico de Galicia. Limita ao norte coas comarcas coruñesas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño (Ourense), ao leste coas de Ulloa e Chantada (Lugo) e ao oeste coa de Tabeirós-Terra de Montes. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901