IGREXA DE SANTA MARÍA
COTAREL
PARAÑOS
COVELO
Igrexa de Santa María de Paraños
       Edificación feita en pedra granítica labrada e escuadrada, con planta de cruz latina e cuberta a dúas augas agás na ábsida que é a catro, e pináculos de bola nos extremos.
       Na fachada principal podemos ver unha porta de aceso lintelada e recerdada con moldura plana acodada. 
Por riba dela unha fornela con bóveda de canón coa imaxe da patroa e unha fiestra con derrame interno.
      O conxunto remata cunha espadana de doble van con pináculos de bola nos extremos e cruz pétrea no cume.
Na cabeceira da ábsida existe un pequeno escudo nobiliario.
Paraños
     Está situada a ámbolos dous lados da Nacional -120 e nela atópase o acceso á autovía Rías Baixas . 
     Tamén se atopa o acceso principal por estrada ao resto do municipio.
     Podemos atopar diversas manifestacións do patrimonio artístico e etnográfico: O cruceiro, petos de ánimas , un pombal circular, a igrexa do século XVIII, diversos hórreos realizados integramente en pedra e restos de útiles e lugares usados polos cereiros , son algunhas delas.
      Recentemente foi rehabilitada unha antiga casa de labranza para construír a casa de cultura onde se realizan diversas actividades ao longo do ano e funcionando ademais como axencia de lectura. 
     Para a práctica deportiva disponse dun campo de fútbol e unha pista de usos múltiples.
     Os seus barrios e lugares son: Os Condes, Cotarel , Ás Laxas, A Margarida , Ás Medelas , Moeiros , Picoto , Portocortiñas , O Quinteiro , O Roupeiro .
Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. 
     A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. 
     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. 
Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.
MAPA
Fuente: Web Patrimonio Galego
Concello de Covelo 
XOAN ARCO DA VELLA 
















 
 
Gosto da información, en galego mola mais. Só è un comentario,non unha crítica
ResponderEliminar