domingo, 10 de marzo de 2024

MUIÑOS EN FONDO DE VILA - RÍO PEDRIÑA - ASTURESES - BOBORÁS

 MUIÑOS EN FONDO DE VILA

RÍO PEDRIÑA

ASTURESES

BOBORÁS

Fondo de Vila
      Fondo de Vila é un lugar da parroquia de Astureses no concello ourensán de Boborás na comarca do Carballiño.

      Tiña 69 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 37 eran homes e 32 mulleres.

      Iso supón un aumento da poboación respecto a 2010, cando tiña 68 habitantes (37 homes e 31 mulleres).

Astureses
      San Xulián de Astureses é unha parroquia do concello ourensán de Boborás. Segundo o IGE en 2011 tiña 212 habitantes (105 homes e 107 mulleres).

Xeografía
     A parroquia limita coas parroquias de Corneda (O Irixo), Madarnás e Longoseiros (O Carballiño), Moldes e Xuvencos (Boborás). A parroquia está cruzada polo oeste, de norte a sur, polo río Pedriña, un afluente do Arenteiro, e ten ao longo do seu percorrido varios muíños que hoxe en día é difícil visitar, aínda que en Fondo de Vila existe un muíño totalmente funcional.

      Está formada por varios núcleos de poboación. O núcleo de Batallás está formado polos lugares de Batallás de Abaixo, Batallás do Medio e Batallás de Arriba, este pertencente ao Carballiño.

Economía
     Parte da poboación traballa no sector servizos en vilas próximas como O Carballiño ou mesmo Ourense. Existe un alto nivel de emigración. Demograficamente a poboación está envellecida.

Patrimonio
      A igrexa de San Xulián de Astureses está situada en Outeiro e para chegar a ela pódese tanto ir por Fondo de Vila como pola Penela.

     Na ermida da Saleta celébrase unha romaría anual. Está rodeada por unha carballeira, e antigamente celebrábase unha competición automobilística de rallys, coñecida como Subida á Saleta.

Festas
      As tres festas principais son o San Bertolameu (24 de agosto), a Romaría da Saleta (19 de setembro), e o San Xulián, patrón da parroquia, que se celebra o 7 de xaneiro. As dúas primeiras son máis concorridas debido ás datas de verán e a que a festa patronal coincide co remate do Nadal

Lugares de Astureses
     Astureses, Batallás, Cibreiro, Eixán, Fondo de Vila, O Outeiro, A Penela, Xoane

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901