PONTE DA CISCADA
RÍO DA XUNQUEIRA
ARES
Ponte dá Ciscada
Puente de orixe romana que recibe a todo visitante na entrada principal do municipio.
Data do século XVI e a súa sinxeleza fai que sexa dun gran atractivo para a toma de fotografías.
A súa proximidade á praia e a súa localización na alameda convérteno na emblemática ponte da localidade.
Ares
Ares é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE o 1 de xaneiro de 2014 tiña 5741 habitantes. O seu xentilicio é «aresán».
Patrimonio histórico
Ares conta cun estilo arquitectónico orixinal, con casas dunha soa planta e galerías de madeira pintada de cores vivas.
Todo o concello está salpicado por edificios de arquitectura indiana. Moitos deles son dunha grande beleza e gozan dun case perfecto estado de conservación.
A súa singularidade converteuna nun destino de veraneo moi visitado nos anos 80 e 90.
Este feito contribuíu á propia degradación do contorno arquitectónico, que se viu inundado de casas modernas de varios pisos, aínda que hai zonas que conservan o encanto orixinal da vila, como O Porto, onde abundan as casas dunha altura e paredes encaladas que envolven arrevesadas canellas.
As construcións máis relevantes son o Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro e as Baterías militares do Segaño e Coitelada, ademais dos restos dunha antiga torre situada ao final do espigón, en dirección a Estacas.
MAPA
Fuente: Concello de Ares
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901