domingo, 20 de agosto de 2023

PONTELLA EN O CAMPO - REGUEIRO DE CARRASCAL - SEIXIDO - A LAMA

 PONTELLA EN O CAMPO

REGUEIRO DE CARRASCAL

SEIXIDO

A LAMA

 O Campo
     O Campo é un lugar da parroquia de Seixido, no concello pontevedrés da Lama, na comarca de Pontevedra.

 Seixido
     San Bartolomeu de Seixido é unha das parroquias do concello da Lama. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 347 habitantes (182 mulleres e 165 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 374 habitantes.

Lugares da parroquia de Seixido
     Cabalar, O Campo, Carreiro, Casavella, Cendón, A Fentosa, A Gaiola, Pumar, O Seixido


A Lama
     A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. O seu xentilicio é lamense.

Xeografía
     O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial. Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cerdedo-Cotobade.

     Na súa extensión tópanse os seguintes montes de máis de 1000 metros:
     O Coto da Puza - Xesta   -  1035 m
     A Portela dos Xarotos - Xesta  -  1025 m
     A Pedra da Letra - Xesta   -  1019 m
     O Coto dos Pusallos - Xesta   -  1007 m
     O Foxo do Lobo - Xesta  -  1001 m
     O Seixo - A Barcia do Seixo  -  1000 m

     Outras elevacións importantes son Santa Mariña (993 metros) ou o Cando (968 metros).

Parroquias da Lama
     Antas (Santiago), A Barcia do Seixo (Santa Ana), Covelo (San Sebastián), Escuadra (San Lourenzo), Gaxate (San Pedro), A Lama (San Salvador), Seixido (San Bartolomeu), Verducido (San Martiño), Xende (San Paulo), Xesta (San Bartolomeu)

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901