jueves, 3 de febrero de 2022

ACUEDUCTO DA QUINTA DOS FIDALGOS - VAIRAO - VILA DO CONDE

 ACUEDUCTO DE VAIRAO

VAIRAO

VILA DO CONDE

 Vairão
    Vairão e unha fregresia portuguesa do concello de Vila do Conde, con 4,33 km² de superficie e 1.191 habitantes (2001).

     A sua densidade de población e de 275,1 hab/km².

Vila do Conde
     Vila do Conde é unha cidade portuguesa no distrito do Porto, rexión Norte e subrexión do Grande Porto, con 28.636 habitantes en 2011.

     Pertence á Grande Área Metropolitana do Porto. Vila do Conde é sede dun municipio con 149,31 km² de área e 79.533 habitantes (en 2011), subdividido en 30 freguesías.

     O municipio limita o norte con da Póvoa de Varzim, o leste con Vila Nova de Famalicão e o sur con Maia e con Matosinhos, e o oeste co Océano Atlántico.

     Localizada na marxe norte da foz do río Ave, Vila do Conde é un importante centro industrial, porto de pesca e zona balnearia e turística, e configura un dos principais e máis procurados centros de balneario de Portugal. A cidade fai parte do mesmo aglomerado urbano que a Póvoa de Varzim.

Historia
     A poboación de Vila do Conde é moi antiga, anterior á fundación de Portugal, e o seu topónimo non sufriu alteracións; dende sempre foi Vila do Conde. 


     A primeira referencia a Vila do Conde é do ano de 953 da era actual no libro da condesa Mumadona Dias, onde é referida como Villa de Comite.

     Manuel I de Portugal concedeulle eido foral en 1516 e a poboación da vila participa activamente nos descubrimentos portugueses, entre eles Paulo e Francisco Faria na viaxe de Vasco da Gama á India. 

      A praza Nova, hoxe praza Vasco da Gama, abriuse en 1538, no reinado de Xoán III de Portugal, onde se edificaron novos edificios para os pazos do Concello. No século XIX, as invasións francesas causarán grandes danos á poboación. En 1987 é elevada á categoría de cidade.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901