martes, 1 de febrero de 2022

O TANGARAÑO - SAN LOURENZO DE PIÑOR - BARBADÁS

 O TANGARAÑO

SAN LOURENZO DE PIÑOR

BARBADÁS

 O Tangaraño
     No Monte de san Bieito de Cova do Lobo, en San Lourenzo de Piñor, hai unha roca que serve como excepcional miradoiro sobre a cidade de Ourense e é moi visitado durante a romaría de San Bieito de Cova do Lobo.

     O Tangaraño é un xigantesco penedo, un típico bolo granítico de moitos metros de diámetro asentado encima doutros penedos, de maneira que se pode pasar por baixo del agachado.

     Dentro, nun recuncho, hai unha pequena cavidade na roca que sempre ten auga.

     Adxudícanselle propiedades curativas, sobre todo para enfermidades da pel:

      As verrugas, tumores, bocio, feridas e raquitismo dos nenos (enfermidade coñecida como tangaraño).

Lenda
     Aos nenos entangarañados teñen que pasalos tres mulleres polo buraco da Pedra do Tangaraño.

     Quítanlle a roupa vella ao neno e pásano de fóra a dentro do penedo por encima do charco de auga.


     Logo visten ao neno con roupa nova, abandonando alí as que levaba postas, facendo tiras coa roupa vella e deixándoa atada nas ramas de camiño ao templo.

     O nome de San Bieito de Cova do Lobo vén da crenza de que o mesmo San Bieito andaba fuxindo por aqueles montes e escondeuse nunha cova do lobo.

VIDEO

MAPA 

 

Fuente: Concello de Barbadás

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901