miércoles, 2 de febrero de 2022

CEMITERIO DE ADINA - IRIA FLAVIA - PADRÓN

 CEMITERIO DE ADINA

IRIA FLAVIA

PADRÓN

 Cemiterio de Adina
     O cemiterio de Adina é un camposanto situado en Iria Flavia. 

     En 1975 foi declarada Ben de Interese Cultural a igrexa de Santa María de Iria Flavia e o seu contorno, do que o cemiterio de Adina forma parte.

 
 
    Encóntranse en Adina sartegos datados entre os séculos VI e X que conforman unha necrópole cristiá de época romana tardía e sueva.
 

     Rosalía de Castro dispuxo ser soterrada neste cemiterio trala súa morte en 1885, non obstante os seus restos foron exhumados en 1891 para ser trasladados ó Panteón de Galegos Ilustres.

     No camposanto de Adina foi tamén soterrado o mestre e filántropo José María Vidal Cepeda.

      No cemiterio quixo Camilo José Cela ser enterrado o pé dunha oliveira e a carón dos seus devanceiros, entre os que se atopan John Trulock e Camilo Bertorini.

      O 23 de agosto de 1975 foi declarada Ben de Interese Cultural a igrexa de Santa María de Iria Flavia e o seu contorno, do que forman parte o cemiterio de Adina e a casa dos cóengos, ó ser un conxunto arqueolóxico, histórico e artístico singular. 

      As oliveiras centenarias de Adina están consideradas árbores senlleiras de Galicia.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901