martes, 25 de enero de 2022

CAPELA DE SAN ANTONIO - SA - MELGAÇO

 CAPELA DE SAN ANTONIO

MELGAÇO

Melgaço
     Melgaço é un concello portugués no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, fronteirizo con Galiza.

     En 2004 tiña 9.739 habitantes, 1.300 dos cales viven na vila que dá nome ao municipio.


Xeografía
     Ten 239,04 km², e está subdividido en 18 freguesías. Limitado ao norte e leste con Galiza, ao suroeste polo municipio de Arcos de Valdevez, e ao oeste por Monção. É o municipio máis setentrional de Portugal.

     O punto máis elevado do concello é o Giestoso, de 1.335 metros de altitude, na freguesía de Castro Laboreiro.


     O concello ten 18 freguesías, repartidas en dúas grandes áreas: 11 delas á beira do río Miño (Alvaredo, Chaviães, Cristóval, Paços, Paderne, Penso, Prado, Remoães, Roussas, São Paio e Vila) e 7 de montaña (Castro Laboreiro, Cousso, Cubalhão, Fiães, Gave, Lamas de Mouro e Parada do Monte).

Patrimonio
      En Melgaço existe toda unha tradición de contos e fábulas con criaturas fantásticas como Arganões e outros seres con poderes máxicos. Esta cultura popular foi transmitida oralmente ao longo de xeracións, estando actualmente en declive.

      Hai uns 10 anos foi descuberta no monte de Prado, proxectadas cara á encosta ribeireña (e case desapercibidas pola vexetación da zona) unha serie aínda non cuantificada de esculturas de monstros, similares ás proas dos barcos viquingos, que fixeron numerosas incursións na zona na Idade Media.

Entre as súas construcións destacan:
    Castelo de Melgaço: Mandado construír polo primeiro rei de Portugal, Don Henriques, en 1170 cun foro semellante ao de Ribadavia, sendo atacado no século XIII polas tropas do Reino de León.
    Igrexa Matriz de Melgaço. As súas últimas murallas datan da Guerra de restauración, foi declarado Monumento nacional en 1910.
    Castelo de Castro Laboreiro: Coñecido nos cronicóns como a fortaleza de San Rosendo de Celanova.
    Igrexa de Paderne
    Parque Termal do Peso:
Predio e palacete modernista con augas mineromedicinais que competiu co veciño balneario de Cortegada(Ourense).
    Solar de Galvão
    Fonte de São João
    Igrexa da Misericórdia
    Igrexa de Fiães
    Museo do Cinema de Melgaço
    Igreja romãnica de Chaviães
    Cividade de Paderne:
É un castro romanizado situado no monte "coto Grande", na freguesía de Paderne, concello de Melgaço. Atópase situado entre dous regatos, o Martingo e o Porto do Río. Malia os traballos agrícolas aínda son visibles valos e restos de muralla. Atopado por Leite de vasconcelos en 1903, descubriu tégulas, muíños romanos, ánforas, cerámica castrexa con decoración incisa e diversas pedras decoradas, entre as que destaca un zoomorfo de características semellantes a outro zoomorfo castrexo do castro da Ameixeira, (Crecente).

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


 

2 comentarios:

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901