PRIORATO DE REFOXOS
REFOXOS
CORTEGADA
Refoxos
San Breixo de Refoxos é unha parroquia do concello de Cortegada, situada na provincia de Ourense.
No ano 2007 tiña 132 habitantes, dos cales 78 eran homes e 54 eran mulleres.
Historia
Tense constancia documental do século XI cando unha muller (Gulderoda) doa ó mosteiro de Celanova unha igrexa e varios terreos no lugar, o cal indica a existencia de pequenos propietarios de nomes suevos, nos cales a muller ten acceso á propiedade e dereitos para doar, ao tempo que nos fala dunha organización do rural de homes libres que erguen igrexas privadas e non teñen señor feudal.
O lugar uniuse co tempo a lugares próximos pertencentes ó mosteiro de Celanova polo que pasou a ser "capital" administrativa de todo o espazo xurídico circundante, o chamado Coto da Vestiaria (xa que as súas rendas se usaban para a vestimenta dos monxes, curas e o seu séquito) que abranguía as actuais parroquias de Refoxos, Soutelo, Cortegada, Rabiño e Valongo, este couto xurisdicional durou dende a Idade Media até o final do Antigo Réxime.
Toda a administración centralizábase no edificio do priorado sito na actual igrexa parroquial, desde onde un monxe administrador levaba a cabo as súas labouras. A raíz da renovación dos foros de 1673 ( para pagar as custosísimas fábricas do mosteiro de Celanova que estaba a ser remodelado baixo a influencia da arquitectura neoclasicista baixo o mandato do mosteiro bieito de Valladolid nunha grave época de crise) os colonos de Refoxos promoveron un ataque nocturno ó priorado de Refoxos, coa intención de matar ó monxe administrador, esnaquizaron o edificio e abriuse un preito que durou 17 anos na Real Audiencia de Galicia.
O priorado de Refoxos pagaba 20 foros, a maioría de centeo. Curiosamente o edificio ten dúas troneiras nas súa fachada.
Ó estar preto da fronteira con Portugal, foi utilizado por forzas carlistas como lugar de paso e aprovisionamento, xa que contaban coa axuda do clero e a apatía da poboación rural ante o conflito sucesorio das guerras carlistas, de feito polo lugar estivo a partida de Mateo Guillade que atravesou máis dunha vez por este lugar para refuxiarse en Portugal despois das súas derrotas.
En 1893 constituíuse a nova parroquia de Zaparín, segregándose os seus lugares de Refoxos.
Patrimonio
Pazo da Encoutada.
Capela da virxe.
Priorado de Refoxos
Priorado de Refoxos é unha construción civil do século XVIII, de planta rectangular con troneiras nas esquinas do leste e a igrexa parroquial no extremo oeste.
Consta de dous andares unidos por unha escaleira de pedra, vertebrados por un corredor central ó que abren os habitáculos. O piso baixo adicouse a tulla, bodega e cabalerías (onde se atopou un estribo do XIX) e no andar superior varias habitacións e lugares de oficina.
As troneiras son circulares sen adornos e cun pequeno orificio de 1 cm de diámetro. Nunha habitación do extremo norte do andar superior existe un habitáculo espazoso que comunica coa igrexa.
Cruceiro de Vilaverde, con data de 1610 e nun casal veciño abandonado un peto de ánimas (sen elas) barroco.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901