MUIÑO DO LABERCO
RÍO EDO
CASTRO CALDELAS
Castro Caldelas está situado nun outeiro que domina a ribeira do río Edo.
Esta vila luce fermosas galerías brancas e interesantes casas que nos falan dun rico esplendor medieval.
Destaca a zona antiga coñecida como Cima de Vila, rúas empedradas e serpeantes que soben ao castelo construído por orde de Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos, no segundo terzo do século XIV.
Estamos ante unha fortaleza medieval de carácter militar. Destaca o bo estado de conservación da Torre do Reloxo, Torre da Homenaxe e patio de armas.
Tamén é unha vila con tradicións, destacando a festa dos Fachós a noite do 19 de xaneiro.
Nesta celebración en honor a San Sebastián, os habitantes realizan unha pequena procesión arredor do castelo portando longos fachos feitos de palla. Lévase unha imaxe do santo feita tamén de palla, precedida por un largo facho de ata 30 metros.
Non podemos visitar Castro Caldelas sen degustar a súa rica gastronomía na que destacan a tenreira de raza Caldelá e o xamón curado da comarca (moi cobizado polo seu sabor, mor da ceba de castañas dos animais) e por suposto a súa bica.
Non o perdas de visitar
O castelo ou fortaleza é o símbolo máis visible da súa historia.
Data do século XIV, aínda que se pensa que xa existía unha fortificación no século XII.
A Virxe dos Remedios: igrexa de estilo renacentista do s. XVI e que foi reformada no s. XIX, que ten no seu atrio un miradoiro con espectaculares vistas. Conta con brasóns xunto á porta sur e funciona como Museo Municipal.
MAPA
Fuente: Web Turismo Ribeira Sacra
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901