COTO DAS ESPULLAS
REBORDECHÁN
CRECENTE
Rebordechán
Santa María de Rebordechán é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Crecente na comarca da Paradanta.
Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 111 habitantes (53 home e 58 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 142 habitantes.
No seu patrimonio destaca o castro de Cotofurado, que se atopa no outeiro situado detrás da capela de San Sebastián, do século XVIII, ao igual que a igrexa de Santa María, templo barroco cunha imaxe na fachada moi curiosa da Virxe cunha candea; a 300 metros arriba atópase un pequeno calvario de cruceiros modernos.
Lugares de Rebordechán
Aldea de Acá, Aldea de Alá, A Chabola, Cima da Aldea, O Cotado, O Miaxal, Parada, O Pazo, A Pousa, O Reguengo, A Souteleira, O Surreiro, O Tarendo, Tixosa, Veiga de Vila
Comarca da Paradanta
A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.
A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.
Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado.
Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.
Parroquias de Crecente
Albeos (San Xoán), A Ameixeira (San Bernabeu), Angudes (San Xoán), Crecente (San Pedro), Filgueira (San Pedro), O Freixo (San Roque), Quintela (San Caetano), Rebordechán (Santa María), Ribeira (Santa Mariña), Sendelle (Santa Cruz), Vilar (San Xorxe)
VIDEO
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901