MUÍÑO DE SOLLA
RÍO DA GANDARA
SAN CAETANO
ALBA
San Caetano
San Caetano é un lugar da parroquia de Alba no concello de Pontevedra na comarca homónima.
Tiña unha poboación censada de 81 habitantes no ano 2013 segundo datos do IGE, dos cales 34 eran homes e 47 mulleres, o que representa un progresivo descenso en relación ó ano 2010, cando tiña 87 veciños, e respecto ó ano 2004, cando eran 94 veciños.
Alba
Santa María de Alba é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra.
Segundo os datos do IGE tiña 763 habitantes en 2013, dos que 400 eran mulleres e 363 homes, distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un progresivo descenso en relación ao ano 2010 cando tiña 825 habitantes; ao ano 2008, con 850; e ao ano 2004, cando eran 865 veciños.
Ata 1868, data de adhesión ó concello de Pontevedra, era un concello de seu, abranguendo tamén as parroquias de Verducido, Cerponzóns e Lérez.
Lugares de interese
Nesta parroquia está a Xunqueira de Alba, de grande importancia ecolóxica e paisaxística. Na zona norte aprécianse bosques de ribeira e prados, sobre todo na desembocadura do río Rons.
Pola parroquia pasaba a vía XIX romana, e aquí atopouse un miliario dedicado ó emperador Caracalla. Como zona de paso da vía portuguesa do Camiño de Santiago, o lugar de Guxilde albergou gran cantidade de peregrinos, como a raíña de Portugal, dona Isabel, quen no ano 1325 peregrinaba a Compostela para pregar polo seu defunto marido.
A igrexa parroquial de Santa María, situada no lugar de Touceda, é de estilo neoclásico-barroco, construída en 1595 por mandato do bispo Xoán de San Clemente, sendo o mestre de obra Mateo López. O anterior templo fora consagrado por Diego Xelmírez, que a primeiros do século XII adquirira a propiedade do templo. Ao seu carón está a casa reitoral, de estilo barroco.
Na parroquia hai outros templos menores, como a capela de san Caetano (s. XVIII), e a capela da Devesa (s. XIX). Alba acolle numerosos cruceiros, un deles recollido na obra As cruces de pedra na Galiza de Castelao.
A festa patronal celébrase o día 15 de agosto (santa María) e tamén é festa do Santísimo o segundo domingo despois do Corpus Christi.
Lugares de Alba
A Devesa Guxilde, Lampreeira, Pontecabras, Reariz, San Caetano, Touceda
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901