domingo, 17 de noviembre de 2019

XORNADA CULTURAL "O VALOR DO NOSO" - SEIXIDO - A LAMA

XORNADA CULTURAL
"O VALOR DO NOSO"
SEIXIDO
A LAMA
 7, DE DECEMBRO DO 2019


     O Colectivo Cabalar Creciente, co apoio da AAVV de Seixido, a Comisión de Festas de Seixido e o Concello da Lama invítavos a participar nunha xornada cultural na que imos reflexionar sobre O VALOR DO NOSO, é dicir, falaremos do noso abondoso patrimonio rural e do inmenso valor que ten.

XOAN ARCO DA VELLA

Coa participación de:
- Xoan Arco da Vella
 (www.xoanarcodavella.com), amigo e fotógrafo do patrimonio, que foi quen nos deu a idea.

JOSÉ DE LA RIERA
- José de la Riera
      (https://caminodevuelta.home.blog/), traballador incansable na posta en valor dos camiños da antiga Gallaecia: Camiño de Santiago, Camiño Portugués, Vía Mariana.


- Representantes do Colectivo O Suído 
     (osuido.org), que traballa pola defensa do patrimonio da serra que lle da o nome.


       Todos eles persoas implicadas na defensa e posta en valor do patrimonio rural, e foi para nós un grande honor que aceptaran a nosa humilde invitación. 


     Grazas a eles e a todos os que van facer posible esta xornada cultural.
 

     Gustaríanos que este acto sumase motivación a favor dun rural vivo e consciente da grandísima riqueza que temos. 


     Tamén que sexa un día de reflexión e diállogo, de irmandade e convivencia, que fomente o sentimento de comunidade e nutra a autoestima dos que vivimos e amamos o noso rural.


     Para rematar o acto, proxectarase o documental BARBECHO producido pola Unión de Pequeños Agricultores y Ganaderos (UPA), no que se fala da necesidade de políticas favorecedoras do mundo rural, e que vainos facer reflexionar. 


     Grazas a Rosy e Marta Torrado por traernos a información sobre este documental e facer as xestión pertinentes para a súa proxección.


ATENCIÓN:
     Para participar hai que inscribirse vía WhatsApp no número 626 012 986 (Mercè Alegría).


     Moitas grazas, ¡contamos con vós!

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901