IGREXA DE SAN LOURENZO
VILARRASO
San Lourenzo de Vilarraso é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos.
Segundo o IGE en 2018 tiña 421 habitantes (219 homes e 202 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 525 habitantes.
Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Sobrado, sendo a única parroquia do concello neste arciprestado.
Situación
Está situada no sur do concello de Aranga e no extremo norte do arciprestado de Sobrado. Limita ó norte coa parroquia de Muniferral; ó oeste coas de Fervenzas e Rodeiro (do concello de Oza-Cesuras); ó leste coa de Aranga; e ó sur coas de Fisteus, Curtis e Foxado do concello de Curtis.
Festas e celebracións
Feira, os días 3 de cada mes na Castellana.
Festas patronais de Orosa, na honra de San Xusto, o 31 de maio.
Festas patronais, na honra de San Lourenzo, o 10 de agosto.
Lugares de Vilarraso
O Apeadeiro de Orosa, A Carballeira, Carballo Torto, Os Carneiros, A Castellana, Castrobó | Os Ferreiros, Orosa, Penas do Porto, Santiso, Vilarraso, Vilourís
Aranga
Aranga é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE, o 1 de xaneiro de 2014 tiña 2033 habitantes, 1023 homes e 1010 mulleres (2.072 no 2012, 2113 no 2011, 2126 no 2010). O seu xentilicio é «arangués».
Situación
Ten unha superficie de 119,6 km². Limita cos concellos de Guitiriz (da provincia de Lugo), Curtis, Oza-Cesuras, Coirós, Irixoa e Monfero. O concello está atravesado polo río Mandeo. Está situado a 40 km ao sueste da capital da provincia. Ten unha altitude media de 262 m sobre o nivel do mar.
Demografía
É un dos dous únicos concellos da provincia da Coruña que se considera concello rural marxinal (a poboación agraria supera o 70 % do total de poboación activa).
Patrimonio arqueolóxico
Consérvanse restos prehistóricos. Xunto á ermida de San Vitorio hai varios campos de dolmens e un castro. Na Costa do Sal hai varios petróglifos, mámoas e outros restos.
En Fervenzas existen tres castros: Castro do Valló, nos Casarellos e o castro das Cotorras. Aprézase ben toda a súa estrutura, as murallas e o antecastro. Na parroquia atopáronse outros restos arqueolóxicos, como pequenos utensilios, machados, puntas de frechas, e restos de enterramentos, especialmente nos arredores do Mato.
En Muniferral hai un castro, no que se aprecia ben toda a súa estrutura. En Feás está documentada a existencia dun castro denominado Castro de Flores, no lugar coñecido como Flores ou A Feira. Nas inmediacións do mesmo produciuse o achado dun torque, actualmente depositado no Museo Arqueolóxico Nacional, en Madrid, e que aparece catalogado como torque de Ois (o lugar de Flores, e o propio castro, sitúanse da cabalo dos concellos de Coirós, parroquia de Santa María de Ois, e Aranga, parroquia de Feás), pero que tamén é coñecido como torque de Flores.
Arquitectura relixiosa
A igrexa de Muniferral é un templo románico, do século XII. A igrexa de San Paio é barroca, do século XVII. Na capela do Cristo consérvase a Santa Cruz, de latón do século X.
Son numerosos os cruceiros existentes nas distintas parroquias do concello. O cruceiro de San Vicente de Fervenzas está datado entre finais do século XV e principios do XVI. A capela de San Salvador de Fervenzas aparece citada no Catastro de Ensenada.
Arquitectura civil
A ponte sobre o río Mandeo en Ponte Aranga, data do século XVII. A Ponte Vella, na Castellana, tamén sobre o río Mandeo, data do século XVI, sendo posteriormente reformada. Por esta ponte pasaba o camiño real da Coruña a Lugo.
Existen varias pazos ou casas grandes de interese, como é o caso da casa do Vinculeiro, no lugar da Lagoa, na parroquia de Feás, hoxe en deficiente estado de conservación, e que presenta un interesante portalón de pedra.
Aranga (San Paio), Cambás (San Pedro), Feás (San Pedro), Muniferral (San Cristovo), San Vicente de Fervenzas (San Vicente), Vilarraso (San Lourenzo)
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901