RUINAS CAPILLA DE SAN GREGORIO
FIOLLEDO
SALVATERRA DE MIÑO
Fiolledo
San Paio de Fiolledo é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño.
Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 263 habitantes (142 mulleres e 121 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 308 habitantes.
Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 265 habitantes, sendo 129 homes e 136 mulleres.
Lugares de Fiolledo
Burguete, A Carqueixa, As Chans, A Salgosa, San Gregorio
Salvaterra de Miño
Salvaterra de Miño é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 9.626 habitantes. O seu xentilicio é «salvaterrense».
Xeografía
O concello, de 62,5 km², está situado ao sur da provincia de Pontevedra, na confluencia dos vales do río Tea e o Miño. Limita ao norte con Mondariz e Ponteareas, ao sur con Monção (á outra beira do Miño), ao leste coas Neves (a través dos montes da Paradanta) e ao oeste con Salceda de Caselas e a parroquia de Caldelas de Tui (Tui).
Historia
O 24 de maio de 991 o rei Vermudo II doou á igrexa de Santiago o señorío e val de Salvaterra, que herdara do seu pai Ordoño III. A fundación da vila de Salvaterra foi promovida en 1218 polo rei Afonso IX, para facilitar a viláns e pecheiros os medios de burlar os excesos dos señores feudais. Tralas guerras entre Tareixa de Portugal e Urraca de Castela a comezos do século XIII, Salvaterra pertenceu a Portugal até 1643, cando foi ocupada por tropas castelás no marco da Guerra de restauración portuguesa. O nome de Salvaterra aparece no século XIV cando se substituíu o topónimo da vila de Lazoiro.
Segundo relata Vasco da Ponte, logo da Gran Guerra Irmandiña Pedro Madruga pasou a Portugal fuxindo do arcebispo de Compostela e do conde de Monterrei, asaltando a guarnición de Salvaterra.
En 1568 o señor de Salvaterra era Diego Sarmiento, que acudiu con cincocentos homes á defensa de Pontevedra contra as incursións do pirata Francis Drake, que xa desembarcara en Vigo.
Até 1916 recibía simplemente o nome de Salvaterra, pero nese ano pasou a ser chamado Salvaterra de Miño para distinguilo doutros concellos de España (Salvatierra/Agurain en Araba e Salvatierra de Esca en Zaragoza).
Patrimonio
Castelo de Salvaterra (Pazo de Dona Urraca)
Covas de Dona Urraca
Murallas do século XVII
Capela da Oliveira
Igrexa de San Lourenzo de Salvaterra
Pazo de Lira
Pazo-torre de Petán
Portalón da Inquisición
Pazo de Barreiras
Pazo da Fillaboa
Ponte de Fillaboa
Pazo de Santo Amaro
Pazo do Piñeiro
Pazo de Souto
Pazo de Dona Urraca
O castelo de Salvaterra, tamén coñecido como castelo de Dona Urraca, é unha fortaleza medieval situado ao pé do río Miño. As súas orixes remóntanse aos séculos X e XI. Ocupa unha superficie de 9.700 m² conformados polo recinto amurallado coas súas garitas, a Casa do Conde, o Pazo de Dona Urraca e a Capela da Virxe da Oliva. Do século XII consérvanse as chamadas Covas de Dona Urraca, coa súa escaleira de caracol.
Parroquias de Salvaterra de Miño
Alxén (San Paio), Arantei (San Pedro), Cabreira (San Miguel), Corzáns (San Miguel), Fiolledo (San Paio), Fornelos (San Xoán), Leirado (San Salvador), Lira (San Simón) | Lourido (Santo André), Meder (Santo Adrián), Oleiros (Santa María), Pesqueiras (Santa Mariña), Porto (San Paulo), Salvaterra (San Lourenzo), Soutolobre (Santa Comba), Uma (Santo André) | Vilacova (San Xoán)
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901