MUIÑO EN PONTEMARIL
PONTEMARIL
FORCAREI
O Lugar de Importancia Comunitaria río Lérez ten o seu nacemento nunha das zonas máis chuviosas da Dorsal Montañosa Galega, que separa as provincias occidentais das orientais (neste caso Pontevedra e Ourense), concretamente na Serra do Candán, onde a media de precipitacións anuais supera amplamente os 2.000 mm.
O río Lérez fai a súa entrada nas Terras de Pontevedra por Cotobade e Campo Lameiro, para atravesar Pontevedra até a desembocadura da ría.
A vexetación chega ás abas do val concretada en uces e toxos, tan característicos deste entorno.
En canto á fauna, as augas do Lérez acollen, entre outros, troitas e salmónidos en xeral, ademais doutros animais como lontras, rás...
O entorno do río destaca así mesmo pola importante variedade de paxaros que acolle, entre os que atopamos a rapina cincenta, cotovías, avenoiteiras cincentas, falcóns peregrinos, picanzos vermellos, alavancos reais, azores, mouchos de orellas, andoriñas das barreiras, fulepas amarelas, etc.
Xunto a outros animais tamén voadores como distintas especies de morcegos, libélulas... Sen esquecer réptiles coma a salamántiga galega ou o lagarto das silvas.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Terras de Pontevedra
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901