viernes, 4 de enero de 2019

CAPELA DA NOSA SEÑORA - PINTÁS - LOBÁS - CALVOS DE RANDÍN

 CAPELA DA NOSA SEÑORA
PINTÁS
LOBÁS
CALVOS DE RANDÍN


Pintás
     Pintás é un lugar da parroquia de Lobás no concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia. Tiña 51 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 25 eran homes e 26 mulleres. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2010, cando tiña 47 habitantes (24 homes e 23 mulleres).


Lobás
     San Vicente de Lobás é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 185 habitantes (92 homes e 93 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 12 habitantes en relación ao ano 2000.



Lugares de Lobás
Lobás, Pintás, Serois, O Silvoso


Calvos de Randín
     Calvos de Randín é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 922 habitantes (1242 en 2003).O seu xentilicio é calvense ou randinense.



Xeografía
     O concello, de 98 km², abrangue 9 parroquias. Está situado ao sur da provincia de Ourense, á beira das serras de Larouco, O Xurés e A Pena, acadándose nesta última os 1400 m de altitude. O municipio está atravesado polo río Salas, afluente do Limia, onde se construíu o encoro de Salas. Á súa vez, este río recibe as augas do río Firbeda.



     É unha zona con clima oceánico de montaña, con fortes precipitacións e temperaturas baixas, se ben no verán adoita haber fortes secas.


Historia
     A situación fronteiriza con Portugal marcou a evolución histórica do concello. As terras da Picoña tiñan a súa cabeceira no castelo da Picoña, derruído en 1650 por tropas castelás. No século XVIII a zona pertencía á xurisdición do conde de Lemos.



     Historicamente, parte do seu territorio pertenceu ó Couto Mixto. Isto daba certos privilexios á súa poboación, como a exención de pagar tributos ás coroas de Portugal e Castela, a libre pertenza a un ou outro reino, e a elección dun alcalde. Estes dereitos abolíronse trala aplicación do Tratado de Lisboa de 1864.


     O 22 de febreiro de 1944 tivo lugar o accidente de Monteagudo, no que un avión británico bateu contra un monte e sufriu un incendio, morrendo os seus seis ocupantes.


Patrimonio
     Os xacementos humanos máis antigos datan do megalitismo, como as mámoas de Monte Meau e Forno da Tagurra (Golpellás), Penouces e A Chamuscada (Vila), As Lamas (Pintás), O Viso e A Mota Grande (Castelaus), Outeiro das Moas (Paradela) e As Rebouciñas (Padroso).



     Da cultura castrexa son os poboados de Cidade de San Vitorio (Castelaus), Outeiro da Cerca (Lomear), O Castro (Rubiás), Penas Altas (Calvos) e A Picoña (Randín).


     A igrexa parroquial de Santiago de Calvos é do século XIX, de estilo popular. A igrexa de San Xoán de Ranín é de estilo barroco, dos séculos XVII e XVIII. A igrexa de Santiago de Rubiás, sendo reconstruída no século XVIII, conserva na ábsida unha ventá románica de medio punto. A ermida do Neno Xesús é do século XVIII. A capela de Calvos é de recente construción. Hai varios petos de ánimas, en Calvos, Vilar, o Cruce de Padroso, Feás e Rubiás.


     O pazo dos Tejada é dos séculos XVIII e o XIX. Ten a tipoloxía típica de pazo galego, con tres corpos conectados por unha solaina. O pazo de Randín é máis recente, se ben un dos seus corpos está actualmente destruído, tendo estrutura en L.


     Dentro da arquitectura popular destacan os hórreos en Randín e Rioseco, cruceiros, fornos comúns, fontes, muíños, calzadas e pontes.


Parroquias de Calvos de Randín

     Calvos (Santiago), Castelaus (San Martiño), Feás (San Miguel), Golpellás (San Xoán), Lobás (San Vicente), Randín (San Xoán), Rioseco (Santa Mariña), Rubiás dos Mixtos (Santiago), Vila (Santa María) 

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901