lunes, 25 de junio de 2018

FERVENZA DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA - VEDRA

FERVENZA DE SANTA CRUZ 
SANTA CRUZ DE RIBADULLA
REGO DE TOMONDE
ORTIGUEIRA
VEDRA


Santa Cruz de Ribadulla
     Santa Cruz de Ribadulla é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Vedra. 



     Segundo o IGE en 2010 tiña 729 habitantes (370 mulleres e 359 homes) distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 771 habitantes.


Patrimonio
     No lugar de Ortigueira está o pazo de Santa Cruz de Ribadulla, tamén coñecido como Granxa de Ortigueira (e antigamente como Torre de Ortigueira). Foi construído polos Abraldes, que emparentaron cos Mondragón, e mercado no século XVI por Juan Ibáñez de Mondragón, cóengo da catedral de Santiago.



     No pazo viviu Gaspar Melchor de Jovellanos en 1811, e na actualidade é residencia do militar Alfonso Armada Comyn, noveno marqués de Ribadulla.


     O marquesado de Santa Cruz de Ribadulla foi outorgado por Carlos II en 1683. O marqués tiña aforados á práctica totalidade da poboación do concello, que pagaban as súas rendas en especies, como centeo, trigo ou millo miúdo.


     O pazo ten unha traza austera. Está rodeado por un parque deseñado por Juan Ibáñez de Mondragón e aumentado por Juan Ignacio Armada. O xardín conta coa fonte da Nogueira, a fonte da Coca (barroca e coroada por un escudo coa vieira de Santiago), e a fonte do Santiaguiño (de 1670).


     Pedro de Valdés Feixoo e Novoa, que mandara construír a fonte do Santiaguiño, ordenou en 1676 facer a capela, que está unida ao pazo por un arco.


Lugares de Santa Cruz de Ribadulla
     Agrelo, A Albela de Arriba, Angustín, Eiravedra, A Famelga, A Foz, Galegos, A Lagoa, Monreal, Ortigueira, Outeiro, Pazos, Sete, Sol, Tomonde, A Torre de Abaixo, A Torre de Arriba, A Torre do Medio, O Vao, Vista Alegre


Vedra
     Vedra é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. 



     Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 5.073 habitantes (2.477 homes e 2.596 mulleres) . O seu xentilicio é «vedrense».


Xeografía
     O concello de Vedra limita ao norte cos de Santiago de Compostela e Boqueixón, ao sur e leste co da Estrada (da provincia de Pontevedra, da que o separa o río Ulla), e ao oeste co de Teo.



     Está atravesada pola estrada N-525 e a autoestrada AP-53, que unen Compostela e Ourense. A N-525 crúzase coa LC-241, que une Arzúa con Padrón.



     Está situado no val do río Ulla, ao que van dar os ríos Pereiro, Tomonde, Buxeiros e San Cristovo. O cumio de maior altitude é Penas Pardas, preto do Pico Sacro, de 449 m de altitude. O clima é temperado, con influencias oceánicas.


Parroquias de Vedra
     Illobre (Santo André), Merín (San Cristovo), A Ponte Ulla (Santa María Madanela), San Fins de Sales (San Fins), San Mamede de Ribadulla (San Mamede), San Miguel de Sarandón (San Miguel), San Pedro de Sarandón (San Pedro), San Pedro de Vilanova (San Pedro), San Xián de Sales (San Xián), Santa Cruz de Ribadulla (Santa Cruz), Trobe (Santo André), Vedra (Santa Eulalia) 


 VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901