viernes, 22 de junio de 2018

IGLESIA DE SAN SALVADOR DE PADRÓNS - PONTEAREAS

IGLESIA DE SAN SALVADOR
PADRÓNS
PONTEAREAS


Padróns
     San Salvador de Padróns é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 700 habitantes (371 mulleres e 329 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 716 habitantes.



     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 646 habitantes, sendo 314 homes e 332 mulleres.




Igrexa de San Salvador de Padróns
     Na igrexa de San Salvador de Padróns consérvanse algunhas seteiras dunha edificación antiga nos muros sur e norte da ábsida e abrigo a fachada occidental cunha monumental portada do século XIII.



     A porta, das máis monumentais de gardapós axadrezado tres amplas arquivoltas apuntadas, as dúas exteriores de finos baquetóns e a inferior de dúas filas de floróns. 




     O tímpano é liso e o lintel en que se apoia é soportado por mochetas con esculturas de anxos. 




     Ten tres pares de columnas de fuste esvelto e monolítico con capiteis de finas follas rematadas en volutas.




Lugares de Padróns
     Castro, Chan da Gándara, As Cortellas, Maínza, Mouro, A Portela, A Seca, A Serra



Ponteareas
     Ponteareas é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 23.115 habitantes. 




Historia
     O territorio que hoxe delimita o concello de Ponteareas ofrece restos de antigas poboacións, como petróglifos da Idade de Bronce e castros da Idade de Ferro, dos cales o excavado e mellor estudado é o Castro de Troña, que se estima estivo habitado desde arredor do 450 a.C. e abandoouse no I d.C. A romanización deixou unha impronta probablemente en forma de minería aurífera, como indican algúns sitios aínda en investigación.



     Da Alta Idade Media, na herdanza sueva rexístrase o nome de Áureas (adaptado do latín) na diocese de Tui, atribuída hipoteticamente á parroquia de "Áreas" (sic.) e outras localidades amosan un nome de orixe sueva ou gótica coma Guláns e Guillade. No ano 893, mentres avanzaba a Reconquista en Portugal, Afonso III ofrece as terras de Areas e a súa Igrexa de Santa María ao poderoso padrón Santiago ("donamus glorie uestre pro victu fratrum in loco uestro degentium et sustentatione pauperum seu peregrinorum adueniencium uel ibi conmorancium ecclesiam sce. Marie nobis iure debita que est fundata in uilla quam dicunt Arenosium [engadido á marxe "De sancta maria de arenis"] juxta fluuium Tena [río Tea] secus ripam Minei,..."). No século XI constrúese o castelo de Sobroso en Vilasobroso (Mondariz) que limita con Ponteareas e na Baixa Idade Media acolleu a distintas casas nobiliarias como Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga) e Diego Sarmiento, dinastía que serían os señores do Couto de Canedo e finalmente en 1483 recibe de Fernando I a concesión dun mercado mensual que dará orixe á vila de Ponteareas.


     Ata 1833, conserva a organización herdada do antigo reino de Galicia, pertencendo a vila á xurisdicción de Ribadetea e á provincia de Tui. Trala reforma liberal Ponteareas constituíuse como concello xa enmarcado na actual provincia de Pontevedra. As súas parroquias integrábanse daquela nas xurisdicións de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso; a de Oliveira, con señorío do bispo de Tui; e a de Salvaterra, con señorío do conde de Salvaterra.



     Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Ponteareas, Guláns e Areas. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do Partido xudicial de Ponteareas, créanse o concello de Ponteareas, xunto cos de Mondariz, Setados (As Neves) e Salvaterra. Dende 1835 permanece inalterable na súa estrutura e delimitación xeográfica.



Poboación
     Ponteareas ten unha superficie de 125,56 km². Conta con 220 entidades de poboación repartidas en 24 parroquias. Sitúase no sur da provincia de Pontevedra, na comarca do Condado. Linda ó norte con Pazos de Borbén, ó leste con Mondariz, Mondariz-Balneario e As Neves, ó sur con Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas, e ó oeste con Mos e O Porriño e Mos.



     Dada a súa localización, conta con dúas vías de comunicación importantes como son a estrada N-120 e a autovía A-52, conectando a vila cos centros máis importantes do seu redor: Vigo a 25 km, Pontevedra a 45, Ourense a 75 e Portugal a 12.




Patrimonio

    Castro de Troña, é un dos principais enclaves da cultura castrexa de Galicia, destacando polo seu privilexiado enclave e as súas importantes defensas. Nunha das súas vivendas conserva un petróglifo que representa unha serpe enroscada a xeito heráldico, símbolo do castro coñecido de antigo que inspirou varias lendas.
    Sitio arqueolóxico do "Castro da Croa", sucesión de foxos á beira do río Tea insuficientemente estudados, aos que se lle asignou a función defensiva dun castro ou fortificación da idade de ferro, pero logo relacionouse cunha posible explotación aurífera, de confirmarse a hipótese, sería un bo representante das que se están a descubrir nesta década na conca do Miño.
    Ponte dos Remedios, ponte medieval mal chamada Ponte romana, que segundo algúns estudos é a que lle dá nome á vila.



    Ponte das Partidas, ponte medieval ao sur da vila sobre o río Tea na parroquia de Moreira, de orixe romana.
    Pena dos namorados, situada na parroquia de Arcos forma parte dun conxunto natural de restos de bólas graníticas que ben merecen ser coñecidas.
    Pena do equilibrio, forma parte do conxunto de bólas graníticas ás que tamén pertence a "pena dos namorados". Destaca por ser un enorme penedo situado enriba doutro en pleno equilibrio sen apoio de ningún tipo.



    Igrexas románicas:
        Igrexa de San Pedro de Angoares.
        Igrexa de Santo Estevo de Cumiar.
        Igrexa de San Salvador de Padróns.



    Castelo de Sobroso, situado no outeiro de Landín, dentro do distrito natural da Entidade Local Menor de Vilasobroso territorio orixinario do antigo Señorio de Sobroso, hoxe forma parte do veciño concello de Mondariz; dista sete quilómetros da Vila de Ponteareas, é unha propiedade mercada polo Concello de Ponteareas en Vilasobroso, no ano 1981 a Dona Zita Teresa Carrera Ferreira, única herdeira de Don Alejo Carrera Muñoz,periodista veciño e natural de Vilasobroso, seu propietario dende 1923 a 1967 quen o restaurou -sen axuda do Estado- Destaca pola súa arquitectura medieval: ten muralla externa, estancias e torre da homenaxe. Foi escenario dos enfrontamentos entre Diego Sarmiento e Pedro Madruga ademais da revolta irmandiña no século XV.Ten unhas impresionantes vistas sobre o seu propio pobo -Vilasobroso- e máis de cincuenta pobos de Galicia ata a fronteira de Portugal. Hoxe as súas estancias albergan o Centro de Recuperación de Cultura Popular, cunha exposición permanente sobre indumentaria tradicional de grande interese.



    O convento franciscano de San Diego de Canedo é un complexo monástico relativamente moderno, construído no século XVIII a raíz da doazón do pazo de Canedo por parte de Diego Sarmiento de Soutomaior aos franciscanos que viron o seu orixinal convento destruído un século antes na guerra con Portugal.




Festas e celebracións
     A festividade do Corpus Christi, o domingo seguinte ó xoves do Corpus, foi declarada en 2009 Festa de Interese Turístico Internacional.



Parroquias de Ponteareas
     Angoares (San Pedro), Arcos (San Breixo), Areas (Santa María), Arnoso (San Lourenzo), Bugarín (Santa Cristina), Celeiros (San Fins), Cristiñade (San Salvador), Cumiar (Santo Estevo), Fontenla (San Mamede), Fozara (San Bartolomeu), Guillade (San Miguel), Guláns (San Xulián), Moreira (San Martiño), Nogueira (San Salvador), Oliveira (Santiago), Padróns (San Salvador), Paredes (San Cibrán), Pías (Santa Mariña), Ponteareas (San Miguel), Prado (San Nicolao), Ribadetea (San Xurxo), San Lourenzo de Oliveira (San Lourenzo), San Mateo de Oliveira (San Mateo), Xinzo (Santa Mariña)



Comarca do Condado
     A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas. A cal pertencen a ela os concellos Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño. 


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901