domingo, 24 de junio de 2018

CAPELA DOS MILAGRES - BARCELA - ARBO

CAPELA DOS MILAGRES
BARCELA
ARBO


Capela dos Milagres
     Situada en pleno centro da parroquia de Barcela, a capela dos Milagres é de orixe barroco do S. 
XVIII. 


   Esta capela forma parte dun excelente conxunto arquitectónico formado por un calvario, un cruceiro, un peto e unha antiga farola.


     A capela, de sinxela construción contén varios elementos nos seus muros de difícil datación e interpretación como pode ser unha pequena hornacina que contería algunha imaxe, unha inscripción e un debuxo do que non coñecemos o seu significado nin a súa orixe. 


     Outras pedras da capela parecen ser reutilizadas tamén para a construción da capela. 


Arbo
     Arbo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca da Paradanta. 



     Segundo o INE en 2015 tiña 2846 habitantes (4121 en 2003). O seu xentilicio) é «arbés» ou «arbense».



Xeografía
     O concello está comprendido entre os montes da Paradanta e a ribeira do río Miño. Limita con Melgaço (Portugal) e cos concellos das Neves, A Cañiza e Crecente.



Historia
     No concello apareceu unha machada neolítica, en Cabeiras, conservada no museo de Pontevedra. En San Xoán de Arbo existe un petróglifo, preto do río Miño.



     O documento escrito máis antigo sobre Arbo e as súas terras é a concesión dun privilexio por parte do rei Afonso VII, que fai ao mosteiro de Melón unha doazón deste territorio. Consérvanse numerosos documentos posteriores en relación con outros privilexios e doazóns do mesmo mosteiro.


     O enclave xeográfico que ocupa a zona, fronte á vila de Melgaço á outra banda do río, provocou que se vise directa ou indirectamente afectada por diferentes conflitos bélicos. Así, durante os séculos XVI e XVII tivo lugar a guerra de sucesión trala separación de Portugal da Coroa española con Filipe IV. Xa no século XIX, durante a Guerra da Independencia, en febreiro de 1809 tivo lugar un enfrontamento entre as tropas francesas e os veciños do lugar, que non foron quen de defender a ponte de Mourentán, un paso importante.


Patrimonio
     A ponte de Mourentán é unha construción de cachotería do século XVIII, con arco oxival e rasante alomado. Cruza o río Deva, e formaba parte do antigo camiño real que unía Ribadavia con Salvaterra de Miño e Tui. Ten un só van, cunha luz de 12,4 m. Atópase en bo estado de conservación.



Infraestruturas
     O concello está atravesado pola estrada PO-400, que vai de Salvaterra de Miño a Crecente. Está conectada con Portugal cunha ponte internacional sobre o río Miño que une o concello coa poboación veciña de Melgaço.



     Na estación de Arbo ten parada a liña 6 de Media Distancia de ADIF na conexión Vigo-León e mais o tren Intercity Madrid-Vigo.



Parroquias de Arbo
     Arbo (Santa María), Barcela (San Xoán), Cabeiras (San Sebastián), Cequeliños (San Miguel), Mourentán (San Cristovo), Sela (Santa María)



Montes da Paradanta
     Os montes da Paradanta son unha cadea montañosa que transcorre polos concellos pontevedreses da Cañiza, Arbo e As Neves, en dirección NL-SO. A maior altura chega á cota dos 954 metros no monte Paradanta, situado na Cañiza.



Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.



     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. Ocupa unha extensión de 333,3 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 13.226


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901