CRUCEIRO DE RIBADETEA
RIBADETEA
PONTEAREAS
Este cruceiro constitúe unha das mellores manifestacións artístico-etnográficas da comarca.
Acubillado por un baldaquino metálico moderno, consta dunha plataforma composta por varias bancadas de sillería, sobre elas o pedestal dun solo corpo e forma cuadrangular no cal podemos observar a seguinte inscrición: “SE HIZO SIENDO ABAD/DON GREGORIO GONZÁLEZ Y PIÑEIRO/EL MAESTRO MANUEL GONZÁLEZ/AÑO DE 1865”.
O fuste ofrece diversas representacións figurativas: unha representación simbólica do pecado orixinal, coas figuras de Adán, Eva e a serpe; e sobre eles, dúas figuras apostólicas sustentadas por peanas, tal vez obra do século XVI.
O capitel denota a fonte de inspiración do canteiro nos motivos clásicos, no capitel corintio decorado a base de follas de acanto e figuras decorativas a xeito de querubines alados.
A parte máis sobresaínte do cruceiro é a cruz, en cuyo anverso atópase a figura de Cristo crucificado.
O reverso da cruz áchase reservado a María, acompañada de dúas figuras anxelicais policromadas.
Segundo se recolle no lugar, o baldaquino é unha obra de principios do século XX realizada nos talleres metalúrxicos “Sanjurjo” de Vigo.
Foi costeado pola colonia de emigrantes portugueses.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: web patrimoniogalego
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901